Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A actriz María Vázquez, premio Ramón Piñeiro Facer País

REDACCIÓNREDACCIÓN

Vigo

Lembran a espectacular inauguración do Gran Museo Exipcio no Cairo semanas atrás? A arte dixital que se desplegou estaba asinada por Ferdi Alici, director do Ouchhh Studio. Este é unha referencia mundial en instalacións para institucións, museos e empresas como o Museo Mori de Toquio, Google, Nike, Audi a NASA ou o CERN, entre outros. A Cidade da Cultura acaba de anunciar que este impartirá a conferencia inaugural o xoves en Compostela do foro «Sinte».

Este está dedicado á arte dixital e nesta primeira edición convértese nunha iniciativa pioneira en Galicia. Lembremos que o Gaiás está a construir o seu Centro de Artes Dixitais.

A actriz viguesa María Vázquez é a gañadora da XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro Facer país que concede a Asociación Cultural Val de Láncara. «É unha muller galega, comprometida coa lingua galega, defensora do rural con humildade e compromiso» destacou Lucía Arrojo Vázquez, membro da asociación, na comunicación do fallo que tivo lugar este luns no Consello da Cultura Galega (CCG).

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, sinalou o valor deste certame que «é un modelo de pluralidade e de traballo pola cohesión do territorio».

Tracking Pixel Contents