Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Surfear únese ao Dicionario da Real Academia xunto a outras 100 verbas

Entre as engadidas, atopamos pataqueiro, viñoteca ou autofoto

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

O de coller a táboa de surf e irse a choutar as ondas ou atravesalas xa ten nome propio en galego de xeito oficial no Dicionario da Real Academia Galega (RAG). A xente que levaba anos dicindo surfear xa pode estar tranquila de que o está a dicir ben en galego. A palabra é unha das novas incorporacións do dicionario.

A Real Academia informaba onte de que un cento de verbas foron incorporadas. Ademais de surfear, xa teñen o seu recoñecemento como válidas no Dicionario verbas como viñoteca, enoteca, ludoteca, posvenda, estudantado, pataqueiro ou autofoto ademais de feísmo, postergación, posvenda, antiincendios ou polifacetismo.

En canto á palabra pataqueiro, a RAG sinala que pode ser un adxectivo (relativo ou pertencente á pataca ou que é moi amigo de comer patacas). Como substantivo, fai referencia á persoa que cultiva ou vende patacas; e o lugar onde se gardan, se ben en feminino tamén significa terreo onde se plantan ou a propia planta.

Outra palabra destacada é gazano ou gazana para o xentilicio da xente que vive na Franxa de Gaza.

Respecto á verba rianxo, esta é o conxunto de produtos da horta ou o lugar dentro dun mercado no que se venden estes produtos ademais dun tipo de mandil curto adornado con fitas de veludo e xeralmente negro.

Tracking Pixel Contents