O pincel de Menchu Lamas conecta China e Vigo con dúas exposicións
A artista viguesa inaugura mostra na súa cidade e abandona o vermello nos cadros

Menchu Lamas, onte en Évame Oroza, na inauguración da súa exposición. | Pablo H. Gamarra

O Today Art Museum de Pekín acolle a mostra «Encrucijadas» do Instituto Cervantes coas obras de 44 artistas españolas entre as que figura a viguesa Menchu Lamas. Os seus cadros dialogan na lonxanía cos que amosa dende onte en Vigo na mostra «Unha man que imaxina o mundo» na sede da Asociación Évame Oroza no Casco Vello alto onde reúne oito obras.
Lamas explicaba onte a FARO que «eu xogo co tema das mans desde hai tempo. Gústame traballar moito con elas á hora de deslizar a pintura sobre a tela».
Sinala que predomina o tema da muller como sombra no ámbito da creación mediante a muller-árbore ou a muller-raíz. «É como se fora a transmisión da terra, da creación», apunta unha creadora que incluíu a súa sombra na parte inferior dos cadros para agora apostar pola muller esfinxe.
Respecto ás épocas dos cadros, reflexiona que «mentres os cadros vivan ben un ao lado do outro para min non existe o tempo físico».
Nada máis ollear a mostra, a persoa espectadora conclúe que Menchu Lamas deixou aparcada a cor vermella que antes comandaba na súa pintura para apostar, por exemplo, polos amarelos. «Si, o amarelo e os verdes aparecen bastante. Segundo os momentos, unha cor colle un protagonismo. Non sei se se debe á temperatura exterior ou á miña interior. É certo que nesta expo non hai ningún vermello», sinala.
Suscríbete para seguir leyendo
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- Una odontóloga venezolana y su marido ingeniero hacen cola en el comedor social de Vigo al no poder convalidar sus títulos
- Galicia, entre las comunidades que permiten a más alumnos de ESO graduarse con asignaturas no superadas
- El doctor Pintado Albo, el ginecólogo que trajo al mundo a miles de vigueses y al primer 'in vitro'
- Un taxista de Vigo acepta dos años de cárcel por agresión sexual a una clienta
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex