Unha mostra do Consello da Cultura Galega homenaxea os activistas LGBT pioneiros galegos
Entre a xente lembrada: os vigueses Liquen, Nacha Sánchez e Manolito Soler e a que fora alcaldesa de O Porriño Eva García
A exposición apareceu desmontada por un erro onte

A inauguración da mostra do Consello da Cultura. / Pablo Hernández Gamarra

«Pegadas dun tempo» é a nova exposición do Consello da Cultura Galega –no Edificio das Redeiras no Berbés vigués– na que realiza un achegamento ao movemento LGBTQ+. Nela, recuperan as figuras de varias persoas pioneiras na reivindicación dos dereitos á liberdade sexual como o avogado laboral Xabier Mañón –que achega imaxes da primeira manifestación do Orgullo na Galicia no 1981, en Vigo– ou o seu home, Manuel Losada, Liquen, este último finado a semana pasada. Onte, na mostra, homenaxearon este último.
Outro persoeiro lembrado é o vigués Manolito Soler. A comisaria, Daniela Ferrández –autora de «A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea» (Xerais)– lembra que «foi un cantante da cidade olívica abertamente homosexual durante o franquismo. Era unha figura moi querida no barrio de Teis onde a xente quería poñerlle unha placa. Nós, na exposición, queriamos reivindicar esta figura esquecida que finou no 1984».
Tamén hai espazo na mostra para Nacha Sánchez, muller trans viguesa protagonista do documental «Vestidas de azul» de Antonio Giménez-Rico e con personaxe na serie homónima de Los Javis onde actuou. «Ela aparece na manifestación do 1981 en Vigo, a primeira que houbo en Galicia» para a defensa dos dereitos LGBT, recalca Daniela Ferrández.
Varias imaxes daquela histórica e icónica protesta foron achegadas por Xabier Mañón e poden verse na mostra que presenta documentos do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), que coordina Carme Adán.
Esta explica que naquela protesta «os manifestantes pedían derogar a lei que perseguía as persoas gais. Había xente os increpaba desde os balcóns». «Botábanlles pasquíns con frases como ‘Fóra de aquí, maricóns fóra’», engade Daniela Ferrández. Esta historiadora engade que as primeiras mobilizacións tiveron moito impacto. «Na exposición amosamos extractos de cartas de xente que falaba do impacto do activismo na prensa e en si mesmas. Empezaron a pensar que non estaban soas ou sós no mundo, que non estaban soas no armario».
Adán resalta que, grazas á coraxe, da xente pioneira na demanda dos dereitos LGBT «se conseguiu modificar a lexislación», despenalizando a homosexualidade e despois logrando o matrimonio.
Pero o camiño tivo décadas de terror e a mostra tamén o revela. Por unha parte, amosa o caso do lagrego Manolo Santiso de Cañás, en Carral, que malia nacer muller viviu como home na súa aldea. No 1939, foi detido e recluído nun reformatorio varios anos.
Outra persoa represaliada que se trata na mostra é Eva García de la Torre. O Goberno recoñeceu este ano que «padeceu persecución por razóns políticas e ideolóxicas» xa que sufriu interno obrigado nunha das entidades do Patronato de Protección a la Mujer. García chegou a ser alcaldesa de O Porriño. Finou no 2022.
O arranque da mostra foi abrupto. Cando chegaron as organizadoras e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, para inaugurala apareceu desmontada por erro a pesar de deixala preparada na véspera.
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- El Hotel Bahía logra el «OK» para su reforma: más de 5,4 millones de euros
- La copaternidad llega a Galicia: desconocidos que se hacen amigos para tener un hijo
- El juez ordena cerrar un piso turístico en Vigo por estar «prohibido» en los estatutos
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Punto y final a la burla de Cerdedo