Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Festival Underfest arranca este xoves en Vigo con case todo esgotado

O día 13 tocará a banda Cápsula nos Radar Estudios na cidade olívica | Para a fin de semana, inda hai billetes para Tahiti 80 e Rinôçerôse máis The Psychedelic Furs

We are Scientists colgaron o cartel de todo vendido para Vigo. |  Stuart 1000

We are Scientists colgaron o cartel de todo vendido para Vigo. | Stuart 1000

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Unha nova edición do Festival Underfest Xacobeo regresa a Vigo esta semana. O xoves será o primeiro concerto e o último, a finais de novembro. A programación deste ano volveu convencer aos fans do certame: gran parte dos abonos e das entradas voaron, mais aínda hai algunha posibilidade de gozar da música desta cita ‘imperdible’.

Radar Estudios recibe a Cápsula este xoves día 13 cos tiques entre 12 e quince euros máis gastos. Iso si, a xente afortunada que se fixera co abono completo ten garantizada a entrada. Se teñen o abono salas, entón haberá que bulir porque só entrarán ata que se complete o aforo.

Para quen aínda dubide se velos, pode pasarse pola canle de YouTube de RTVE Música e ver a súa actuación en directo para os Conciertos de Radio 3. Psicodelia e rock and roll moi guitarreiro son as súas credenciais.

Non hai billetes xa para oír a Chucho (Radar), Dewolff (Masterckyv) ou We are scientists (Doppler): os tres previstos para este venres día 14. Porén, a organización aclara que existe a posibilidade de pasarse e lograr unha entrada sempre e cando o aforo o permita. É dicir, se hai xente con abono que renuncie a ir.

Para a seguinte xornada, a do 15 (o vindeiro sábado), de momento si que hai tiques. Hai tres posibilidades. Unha proposta é ver a Tahiti 80 na Radar; a outra, disfrutar de Rinôçérôse na Masterclub e The Psychedelic Furs no Teatro Salesianos.

Tahiti 80 é un grupo francés que o pasado setembro publicou o disco «Hello hello». A súa é música é indie en inglés que busca ser como unha «brisa do Pacífico». Escoitámolos e situámomos máis na costa oeste de EEUU que nas vilas de Rouen de onde proceden.

Cara os sons máis anglosaxóns xiran tamén Rinôçerôse, banda que tamén procede da Francia, pero de Montpellier. Os temas podemos escoitalos en inglés pero tamén en alemán e francés. O seu cóctel para o público ofrece rock, música electrónico e un convite a danzar na pista cun chupito de enerxía.

Se as dúas anteriores bandas son máis ben noviñas (a máis vella ronda os 30 anos), The Psychedelic Furs é a máis veterana do programa do sábado do Underfest. O grupo británico formouse no 1977. Con eles, podemos retrotraernos a aquela escena punk british dos 70 inda que eles co seu saxofón e unha voz que sonaba ás veces cálida camiñaban máis cara o pop.

Escoitar temas como «Love my way» ou «Pretty in pink» poden darnos unha visión rápido do seu son se non os coñecemos.

Despois destas tres bandas, non haberá concertos ata o día 21 con The Tubs (agotados os billetes); despois o 23 con Cracker, grupo para o que si hai entradas de momento, ao igual que para Patrick Watson. Porén, este directo non será en Vigo senón na Capitol de Compostela.

Tracking Pixel Contents