Chis Oliveira: «Temos que repensar a educación sexual aos adolescentes»
A doutora nesta especialidade presentou en Club FARO ‘Las trampas de la pornografía’ xunto ás outras dos coautoras dese libro: Priscila Retamozo e Amada Traba

De esquerda a dereita, Amada Traba, Maria Xosé Porteiro, Chis Oliveira e Priscila Retamozo. | Pablo H. Gamarra
«Temos que repensar a educación sexual, a erótica, e como queremos estar no mundo do desexo e do pracer. O porno non é sexualidade. Este libro é unha emenda a toda a situación que nos ofrece o marco pornográfico e todas as fisuras polas que se cola». Así manifestouno onte en Club FARO Chis Oliveira, catedrática de Filosofía, doutora en Educación Afectivo Sexual e coautora do libro ‘Las trampas de la pornografía’ (editorial Catarata) xunto as súas compañeiras de obradoiros de educación sexual Priscila Retamozo, politóloga, e Amada Traba, socióloga. As tres participaron nun coloquio moderado pola periodista María Xosé Porteiro que contou coa intervención do público asistente a o acto na sala de conferencias do museo MARCO.

Chis Oliveira: «Temos que repensar a educación sexual aos adolescentes»
As autoras coincidiron en sinalar que afrontar esta obra foi «traumático», «duro» e «complicado». «Tivemos que ver certas imaxes porno que non son o sexo explícito coma pensan as familias dos obradoiros que damos, senón violencia contra as mulleres, que miran a cámara, que choran. Homes penetrando buracos con mulleres cuxas cabezas están noutra habitación. Imaxes coas que unha parte importante da poboación se masturba», detallou Priscila Retamozo.

Chis Oliveira: «Temos que repensar a educación sexual aos adolescentes»
O libro, que parte da premisa de que a machoesfera combátese desde casa e desde as aulas desde unha mirada feminista, pretende «romper o algoritmo que une pornografía, machoesfera, abuso dixital e hipersexualización das nenas», explicou Amada Traba, quen definiu a sexualidade coma a «contra-cara do porno: a interrelación, a aprendizaxe, o pracer, fronte a mercantilización, a dominación e a cosificación», en resumo «a sexualidade exercida a través do patriarcado». A solución a esta situación ten que vir, según indicou Traba, da sociedade como colectivo.

Chis Oliveira: «Temos que repensar a educación sexual aos adolescentes»
As autoras concibiron este libro, con capítulos independentes que pódense ler por separado, para un público moi amplo, tanto feminino como masculino, para quen queira explicarse situacións que viviu no pasado como quen as estea a vivir. Ten moitas capas, de xeito que dependendo da formación, intereses e situación do lector e lectora pódese ler desde a máis superficial ou ir afondando en material audiovisual que as autoras ofrecen. Unha destas referencias é a serie ‘Pubertat’, de Leticia Dolera.
A industria pornográfica é contraria ao feminismo. «Detrás de fenómenos como Only Fans, a machoesfera ou as tradewife hai patriarcado máis capitalismo. Ás nenas de sete anos se lles vende skin care para estar máis sexys e xogan a un videoxogo onde poden operar labios con bótox. Logo ven a galaxia da machoesfera que vende tácticas para ligar, que son para aprender a dominar a túa parella», relatou Retamozo.
«O patriarcado fai vítimas por todos os lados, tamén nos homes», considerou Amada Traba, quen explicou que «a machoesfera ten relación coa ultradereita, coa nostalxia do franquismo, enganchan a homes con carencias afectivas como resultado de ter que asumir unha masculinidade onde non haxa vulnerabilidade, ven un pasado onde ser home era un valor extra e pensan que van poder volver a el. Necesitan enfrontarse ao feminismo coma si fora un asoballador de homes cando o que precisan é construír unha afectividade vulnerable, un abrazo, afecto». Nese sentido, Retamozo indicou que «as mulleres si atopamos espazos nos que hablar; eles preguntan nas redes sociais e atopan respostas da machoesfera».
«Ás novas xeracións se lles coñece como pornonativas porque teñen acceso a ese panorama do porno antes de ter o seu primeiro encontro social con si mesmos, aos oito anos; aos 15 o 90% xa viron prono e eles non seu desexo de integrarse buscan o vídeo máis potente ou violento para non quedar atrás» , indicou Oliveira. Educar na erótica e na sexualidade tamén en familia (a través da artes ou da poesía) ou en obradoiros é unha das solucións que propoñen. Quero ser erotofílica e non erotofóbica, saber como quero que me queiran, como quero vivir o meu desexo. A clave é respectar e priorizar a dignidade das persoas», concluíu.
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- La borrasca Claudia pone a Galicia en alerta por riesgo de inundaciones, fuertes vientos y mala mar
- Condenan a un supermercado a indemnizar a 76 trabajadores gallegos por practicar «esquirolaje organizativo» durante una huelga
- Augas alerta al Concello ante el «riesgo de desabastecimiento de más de 400.000 personas» en Vigo
- Una pareja crea el primer local de alquiler de trasteros de Vilagarcía
- La Xunta mantiene en el aire el disuasorio planeado en la autovía
- Desde Moaña con rumbo a La Martinica
- El mejor centollo de Galicia se va al restaurante preferido del rey emérito