A redondelá Diana Toucedo leva á Seminci o Tren Maya mexicano
O festival de cinema de Valladolid, que arrancou onte, amosará o último filme da directora galega

Foto de «La historia todavía no conoce mi nombre». | D. Toucedo

A península do Yucatán é un dos tesouros medioambientais, arqueolóxicos e indíxenas de México. É onde se atopan os restos de Chichén Itzá, cidade maia,unha das Novas Marabillas do Mundo. Agora, desde o aeroporto de Cancún pódese ir ata alí no denominado Tren Maya. A redondelá Diana Toucedo estrea na Seminci, Semana del Cine de Valladolid que arrancou onte, a súa curta documental «La historia todavía no conoce mi nombre». Nela, reflexiona sobre o impacto ambiental das obras desta infraestrutura.
A curta foi elaborada no 2023 cando realizou un obradoiro co cineasta Apichatpong baixo o título «The creators lab». «Unha das premisas era que podías rodar nos días do obradoiro. Eu levaba tempo investigando as problemáticas mexicanas vinculadas á enxeñería civil que López Obrador tiña como un dos seus grandes obxectivos nos seus seis anos de lexislatura. Para el, o Tren Maya era un dos seus grandes fitos, a obra de enxeñería civil máis grande que se ten feito nos últimos anos en Latinoamérica. Interesábame reflexionar sobre que significaba facer unha obra desa envergadura nunha península como a de Yucatán que é unha reserva natural», sinala.
Explica Toucedo que hai reservas de auga moi importantes ao estar case toda a zona chea de cenotes (enormes pozos de auga con saída natural). «A moitos puxéronos en perigo pola destrución literal dos mesmos. Houbo unha problemática medioambiental xigante porque destruíron quilómetros e quilómetros de selva. Tamén desprazou a moitas comunidades maias, de indíxenas nativos. Obrigáronlles a desprazarse. É a historia de sempre da e expropiación», reflexiona Toucedo.
A cineasta logrou acceder ás obras, protexidas por militares, grazas a coñecer un dos arquitectos xefes da zona de Chichen Itzá. Informa a directora que «houbo moita desaparición de activistas e ecoloxistas, sobre uns 20 nestes últimos seis anos. Iso foi tremendo. Esa violencia intrínseca no país toca esas cuestións. Quixen falar de todo isto tendo en conta a ollada colonial e imperial que tivo España».
Alertouno coa voz do inicio da curta que avisa sobre os perigos destas obras que non benefician á xente autóctona. Na rede, atopamos que un billete nese tren de Palenque ao aeroporto de Cancún custa 2.571 pesos mexicanos (119 euros). O salario medio naquela rexión ao mes é de 7.000 pesos.
- Las cofradías retiran lotes de almeja de las lonjas por la caída de precios
- El transporte escolar en Galicia, bajo vigilancia especial desde este lunes
- Hallado el cuerpo sin vida de un hombre en la antigua nave de Pescanova de Vigo
- Vecinos de Vigo denuncian los destrozos en sus viviendas por obras ajenas: «Quieren sacarme de mi casa»
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- El Plan del Ensanche contempla en Policarpo Sanz y García Barbón su semipeatonalización
- Cuarentones que consumen ‘coca’: el perfil del infractor al volante en Vigo
- Ana Peleteiro se defiende de las críticas por su nueva casa