Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A entrega dos premios Oroza enche de música e poesía o Museo do Mar

Mercedes Peón, Ángela Á. Sáez e Mariña Pérez R., onte. |  José Lores

Mercedes Peón, Ángela Á. Sáez e Mariña Pérez R., onte. | José Lores

REDACCIÓN

Vigo

O Museo do Mar de Galicia, a carón da ría viguesa, recolleu o testemuño dos trobadores para colocar a poesía e a música no cumio cultural na entrega dos II Premios Internacionais de Poesía Carlos Oroza ás poetas Mariña Pérez Rei e Ángela Álvarez Sáez. Ademais delas, Mercedes Peón recolleu o Recoñecemento á mellor iniciativa musical de divulgación da poesía.

No eido musical, o evento –coas verbas de María Lado– contou coa arte de Cintaadeshiva, con Silvia Penas na lírica e Jesús Andrés nas melodías.

Á entrega dos premios, acudiron a delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz; o director territorial de Educación, César Pérez Ares; a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez; e a deputada Irene Garrido, ademais de concelleiros na corporación municipal.

Tracking Pixel Contents