A procura de Mowgli nunha cidade animal
Un mundo urbano transformando en selva, no que punkies, rapeiros e «heavys» substitúen a lobos, monos e voitres e, no medio, a pequena Mowgli, unha nena que o ditador Shere Khan ameaza por estranxeira nos seus dominios. Ártika Cía reinventa «O Libro da Selva» co seu primeiro musical de gran formato

O elenco da adaptación de Ártika Cía de "O Libro da Selva". / Vanesa Rábade

Nunha cidade transformada en xungla, a pequena Mowgli logra cruzar unha cerca e adentrarse nun mundo por descubrir, no que afronta o reto de adaptarse e integrarse nunha sociedade totalmente animalizada. Punkies, rapeiros e «heavys» substitúen a lobos, monos e voitres nesta reinvención do clásico conto de Rudyard Kipling «O Libro da Selva», nunha adaptación contemporánea e familiar impulsada pola compañía de teatro viguesa Ártika Cía en forma de musical coa que se convida a reflexionar sobre a amizade, a identidade, a convivencia e o respecto á natureza incluso se é de asfalto.
Baixo a dirección de Marcos Alonso e con Fernanda Barrio, Yoel Alonso, Rocío Salgado, Irene Lorenzo e o mesmo Alonso en escena, a sala Ártika acolle esta fin de semana a estrea do primeiro musical de gran formato da compañía viguesa, unha aposta por un tipo de espectáculo «que apenas existe en Galicia» e que conta «cunha escenografía moi coidada, cinco actores e actrices sobre o escenario e con letras e música orixinais, un espectáculo baseado no conto orixinal, pero moi galego», indicou Rocío Salgado, actriz e responsable da distribución da obra.
Nunha viaxe chea de ritmo, humor e aprendizaxes, a pequena Mowgli estará acompañada polos emblemáticos Baloo, Bagheera, Kaa ou Raksha, mais sempre baixo a ameaza do ditador Shere Khan, que non a quere percorrendo os seus dominios e está decidido a darlle caza. Neste senso, Rocío Salgado sinalou que «o formato musical é algo que nos encanta e, tirando dese fío, repasamos as películas de Disney e os musicais históricos ata que pensamos en ‘O Libro da Selva’, un conto que é político e que nos interesaba porque funcionaba para falar do que queriamos falar».

Actores e actrices de Ártika Cía caracterizados para "O Libro da Selva". / Vanesa Rábade
Agromou así a dramaturxia desta adaptación contemporánea promovida por Ártika Cía que poderá verse en sendos pases hoxe e mañá, ás 18.00 horas, e non será até o 24 de decembro de mañá cando volverán a representala na sala viguesa. Rocío Salgado comentou que, «nesta versión, do que nós queriamos falar é da sociedade como colectivo, amosar que xuntos somos máis fortes, de que como mellor funcionamos é se estamos unidos, e aproveitamos a manda de lobos para representalo. Mowgli, que vén dun lugar humano, é acollida por eles, pero non todo é bonito, posto que Shere Kan ten a todos baixo a súa ditadura e non permite intrusos nin estranxeiros na cidade, e todo isto imos contándoo a través de cancións. Todos estes temas motívannos un montón como compañía e, aínda que no anterior musical xa abordamos a situación das persoas estranxeiras, queremos seguir tocándoo, reflexionar sobre por que hai xente á que lle incomoda que novas persoas cheguen ao noso núcleo e que se intenten integrar».
Mudar dende dentro
Rocío Salgado afirmou que «aínda que o vendemos como un espectáculo familiar, realmente, é apto para todos os públicos, porque é unha comedia áxil e que nos quedou ben divertida. Se che gustan os musicais e escapaches a Madrid para ver ‘O Rei León’, pois isto é o mesmo pero en Galicia».
As crianzas son o público do futuro e se non os enganchamos agora, que lle vai pasar ao teatro en 20 anos?
Un dos grandes retos e apostas da compañía de teatro viguesa foi configurar este musical inspirado no clásico «O Libro da Selva» en gran formato, algo que Rocío Salgado apunta que «non é habitual na comunidade» e, neste sentido, a actriz mencionou que «isto tamén parte dunha situación que queremos mudar, porque non nos parece xusto que se diferencie o caché en función de se é un espectáculo infantil ou de adultos, porque as crianzas son o público do futuro e se non os enganchamos agora, que lle vai pasar ao teatro en 20 anos? Hai unha escenografía moi coidada e un número importante de profesionais detrás, polo que un espectáculo máis caro para contratación, pero é que queremos mudar as cousas dende dentro».
Así mesmo, Ártika Cía contempla o idioma galego como outro eixe fundamental da obra «porque para nós é unha maneira de vivir e toda a sala funciona pensando en defender o idioma. Temos unha lingua preciosa que os pequenos non está tendo a oportunidade de gozar», concluíu a artista.
Suscríbete para seguir leyendo
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- Detenido un vecino de Vigo que estaba lanzando botellas de cristal desde una planta de Vialia hacia la plaza de los cines
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Caballero responde a Augas tras la fuga en Eiras: «Quisieron que Vigo se quedara sin agua, es una negligencia»
- Caballero desvela su plan contra la lluvia para el día del encendido de las luces de Navidad de Vigo
- El encendido de las luces de Navidad de Vigo en primera línea: aforo limitado y solo cuatro accesos a Porta do Sol
- Saca fotos «furtivas» para denunciar la casa de sus vecinos en Nigrán y acaba condenado por violar su intimidad
- Las necesidades educativas de los hijos vetan la custodia compartida