Entrevista | Flako Estévez Protagonista da película "San Simón"
«Falta moito por contar sobre San Simón e a represión franquista»
A película «San Simón» chega aos cinemas españois hoxe. Tras o seu paso polos festivais de San Sebastián e São Paulo, chega ás catro provincias galegas a máis de 20 salas.

Flako Estévez dá a vida no filme ao preso Lamas. / S.S.

«San Simón» trata sobre a illa redondelá no seu periodo como campo de concentración na ditadura franquista. Diríxea Miguel Ángel Delgado. O protagonista é o cambadés Flako Estévez que actúa tamén xunto a Tatán. «É curioso. A directora de casting preguntoume se eu tiña algún familiar que estivera encarceado en San Simón. Díxenlle que non pero durante a rodaxe descubrín que si. Tiña un tío avó, Antonio Blanco Esperón, ‘el cojo del Vao’, chamábanlle. El era de Poio», lembra Flako Estévez, protagonista da película que xa se pode ver nos cinemas galegos e en galego tras estrearse no Festival de San Sebastián deste ano. A Asociación O Faiado da Memoria, de Arousa, foi unha das colaboradoras do filme rodado nunha illa, protagonista de polémica nos últimos tempos.
—Logrou saír vivo o seu familiar da illa?
Si. Entrou e mantén un fío na súa historia con Lamas, o meu personaxe. Lamas entrou con pena de morte e o meu tío con codea a cadena perpetua. Despois, as penas para o meu tío avó pasaron a ser de prisión de 20, 12 e catro anos. Estivo uns catro anos na illa.
—Lamas, o seu personaxe, tamén?
Non, Lamas foi un dos presos que máis tempo botou. Entrou case cando abriu o cárcere e foi un dos últimos en saír. Non hai datos concretos pero si testemuñas din que acabou sendo director administrativo da colonia penitenciaria de San Simón. Non hai documentación sobre iso.

Fotograma da película "San Simón". / S.S.
—O seu personaxe entón non está ficcionado.
Lamas existiu e todos os personaxes que aparecen na película existiron e pasaron por San Simón. Lamas é o fío condutor,xa que relata a memoria da illa. El era un preso destino. Chamábanlles así porque facían tarefas de adminsistración, de coidado, mantemento. El pasou a ser secretario de penal, leoua o rexistro das partidas, cando se sacaban os presos, dos ingresos, das mortes... Todo pasaba por el inda que estaba condeado a morte. El vía as partidas dos que ían fusilar, mentres tomaba os datos. Pensaría: E se o garda se vira e chama por min? Esa é unha situación que vivían e que por si soa conta moitas cousas...
—Por que condearon a Lamas?
Ingresou por ter unha forma de pensar distinta e non comungar co movemento. El fora secretario do gobernador civil en Pontevedra [nos últimos anos da II República].

Fotograma da película "San Simón". / S.S.
—Como foi a preparación do personaxe?
Tiven moito diálogo con Miguel Ángel Delgado, o director, de como quería as cosas. Eu dicidín enchouparme da illa. Na rodaxe, durmía alí e pola noite saía a pasear polo illote sen entar en San Antón onde estaban os gardas no tempo do cárcere. Hai moita bibliografía e lin moito sobre a represión durante a ditadura na provincia de Pontevedra, sobre San Simón... Tamén vin o documental «Aillados». Todo foi necesario para intentar entender que podía sentir os presos.
—Que foi o que máis lle custou emocionalmente?
Moitas situacións... Tiña que transmitir unha situación de que todo o que estás vendo son mortes e fame. As famosas sacas tiñan que minalos pero seguro que non o podían mostrar. A Lamas, o que máis lle interesaba era pasar desapercibido e non chamar a atención.
—Con que anécdota queda?
Nos últimos días da rodaxe, presentáronme a bisneta de Lamas. Faleille de que eu tivera un tío avó alí. E ela díxome que seguramente eses dous familiares se coñeceran alí. Eu non me dera conta desa conexión. Eles e nós pisamos as mesmas pedras.
—Que supón «San Simón» na súa carreira?
Para min, foi un reto moi grande, un traballo de moita responsabilidade. É unha historia que tardou en saír; falta moito por contar sobre a represión en Galicia, o medo, o silencio e a falta de liberdade. Esta é unha película necesaria tal e como está o trasfondo social e político e porque moita xente descoñece a historia de San Simón a partir do lazareto.
Suscríbete para seguir leyendo
- El encendido de las luces de Navidad de Vigo en primera línea: aforo limitado y solo cuatro accesos a Porta do Sol
- Detenido un vecino de Vigo que estaba lanzando botellas de cristal desde una planta de Vialia hacia la plaza de los cines
- Saca fotos «furtivas» para denunciar la casa de sus vecinos en Nigrán y acaba condenado por violar su intimidad
- Los últimos porteros de Vigo
- «No trato de ser espiritual, para eso ya hay grandes santos»
- La colosal Navidad de Vigo al desnudo: guía completa para disfrutar de sus 12 millones de luces
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- La Policía investiga si la agresión de un compañero de residencia causó la muerte de Encarnita Polo