Entrevista | Leticia Rey Cantautora
«Hai que normalizar as sombras, pero dende un punto de responsabilidade»
A artista estreará proximamente o directo do seu primeiro disco en galego, no que a danza achega toda unha experiencia sensorial

A cantautora Leticia Rey. / Cedida

A calma, a proximidade e o coidado artesanal. É a aposta da cantautora Leticia Rey (Vila de Cruces, 1995) no seu primeiro disco en galego, «Danza luz», un traballo que transcende a música para entrelazar son e voz co movemento corporal da propia artista. Neste senso, o directo, que proximamente estreará a cantautora, está concibido como unha experiencia sensorial que vai máis alá dun concerto tradicional.
-Que achega en «Danza luz»?
-É algo bastante diferente ao que viña facendo, tanto pola banda, que é distinta, como polos sons e incluso as temáticas… é algo un pouco místico, aínda que noutra dirección a todo o que fixen anteriormente, é tamén algo introspectivo. Eu agardo que sexa liberador para as persoas que o escoiten.
-Logo de dous discos en castelán, este é o seu primeiro disco en galego. Como naceu este proxecto?
-A sorte de moverse en varias linguas é que che permite exploracións creativas e artísticas distintas. Este disco tiña que ser en galego, sentía que latexaba por aí e que me permitía explorar estes sons como lingua vehicular. Por outra banda, o disco nace das ganas de explorar unha parte máis sombría con respecto ao que viña facendo. Penso que hai que normalizar esa faceta das sombras, pero dende un punto responsable, non dende un punto de resignación. Do que fala o disco é de apertar esas sombras, este sufrimento que está presente na vida cotiá de todo o mundo, porque sempre hai períodos de frustración, de dor, de enfermidade, de morte, de cuestións para as que ás veces non estamos tan preparados, pero que forman tanta parte da vida como as que están mellor aceptadas ou que nos fan sentir mellor. Do que fala «Danza luz» é desa aceptación para poder aprender a danzar, é o baile como analoxía, porque se ti bailas con alguén que te está dominando, podes sentirte perdido e controlado, pero se aprendes ese ritmo, esa danza, ese baile, ti tamén podes controlar un pouco o movemento. Por iso «Danza luz», por aprender a enfocar esas situación dende un lugar de aceptación para poder atopar a estratexia que te leve a saír de aí.
-Dende a responsabilidade, non dende a banalización.
-Si, xusto. Esa responsabilidade dun mesmo, máis alá do sufrimento que chega porque a vida é así, senón respecto ás propias feridas e as fendas, das que falo moito neste disco, unhas fendas polas que sae luz, pero que son dolorosas e algo do que hai que responsabilizarse para non ser daniños para un mesmo nin para os demais.
-A danza xoga un papel fundamental neste traballo e é unha disciplina que está explorando por primeira vez como artista, como está sendo a experiencia de bailar as propias cancións?
-Dende o primeiro momento quería introducir algo de movemento no escenario e varias persoas do proxecto comentaron que por que non o encarnaba eu. Conceptualmente tiña moito sentido, pero eu só fun a danza de nena e non tiña nin idea de como facer para expresar algo de tanto peso para min. Levo dende xaneiro traballando durísimo con Estefanía Gómez, que é una coreógrafa, bailarina e artista marabillosa, e que tamén vai estar presente na estrea, o 8 de novembro en Sada, facendo ela tamén una parte da danza simbólica. A experiencia está sendo brutal e xamais pensei que me volvería adicta ao movemento, de atoparme acotío explorando as posibilidades do movemento natural do meu corpo. A nivel de expresividade, paréceme moi liberador e gozo moitísimo dos ensaios, teño moitas ganas de levalo ao escenario e vai ser un reto, estou vivíndoo como moita paixón e sorpresa.
-E como valora a escena musical actual en Galicia?
-A nivel galego tempos grandes referentes, sempre houbo creación abundante e marabillosa, e penso que agora estamos nun punto de auxe dun estilo específico. É certo que está sendo novidoso para min, porque até o de agora viña facendo un estilo diferente no que xa asomaramos a cabeza e agora o que implica é volver ao inicio, comezar de cero e darse a coñecer noutros circuítos, presentar o proxecto en lugares nos que se cadra non nos coñece tanta xente. Explorar outros lugares é duro, pero tamén apaixonante, e detrás deste proxecto hai todo un equipo de profesionais e é de destacar toda esa artesanía en comunidade, porque é a alma do proxecto.
Suscríbete para seguir leyendo
- La víctima del crimen de la vieja estación de autobuses de Vigo estaba indefensa y recibió cuchilladas en cuello, tórax y costado
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- Una vuelta de tuerca inesperada
- La capital del gótico gallego a solo hora y media de Vigo: un pueblo rodeado de naturaleza, tiene el primer parque temático de España y recomendado por National Geographic
- El nuevo estadio del Betis se «cuela» en la carrera de Vigo hacia el Mundial
- Proyectan dos «glampings» en Nigrán con 29 cabañas y 30 tiendas de lujo
- El Plan del Ensanche contempla en Policarpo Sanz y García Barbón su semipeatonalización
- Descubren en Vigo a tres personas, dos menores, ocultas en una plataforma de carga a punto de embarcar hacia Reino Unido