Dende Hiroshima á aldea galega
O 6 de agosto de 1944 Toshiyuki Yokota, con 14 anos de idade, era alcanzado pola onda expansiva da bomba atómica en Hiroshima. Aínda así logrou volver á casa tras tomar un tren. O seu milagre apagouse tres días despois ao falecer. As súas botas poden verse no Museo da Paz en Hiroshima. A foto delas e un poema de Arthur Binard sobre o seu dono inclúense en «La espera», un libro que incluímos nas recomendacións para público infantil deste outono.

O Museo da Paz de Hiroshima contén uns 21.000 obxectos de vítimas do ataque nuclear de EEUU contra a cidade na II Guerra Mundial. Un deles son estas botas. Portábaas un neno. El e elas protagonizan un poema en «La espera», que Kalandraka vén de presentar na Casa Asia, en Madrid. A foto é de Tadashi Okakura. |

Os libros serven para coñecer a historia, o mundo que nos rodea a nós e a outros habitantes deste universo, pero tamén son útiles para facernos reflexionar sobre acontecementos, xentes e situacións. É o caso de «La espera» (Kalandraka).

«Que precisa un gato?». | |
No epílogo, o seu autor, o norteamericano Arthur Binard, explica como en Estados Unidos se formou «nunha escola onde explicaban en inglés a necesidade e a lexitimidade de lanzar as bombas atómicas».

«Vera astronauta» / .
Cando anos despois recalou en Hiroshima e no seu Museo da Paz aprendeu unha verba: Pikadon. A palabra serve para denominar no Xapón a bomba atómica pero dende a experiencia das persoas que sufriron a fisión nuclear.
No Museo, escoitou a historia que múltiples obxectos lle contaron dos seus donos e donas que naquel 6 de agosto de 1945, hai 80 anos, se atopaban na área de influencia da bomba en Hiroshima.
As historias deses obxectos chegan agora ata nós coas fotos de Tadashi Okakura e os poemas de Arthur. Dos 21.000 do Museo, elixiu para o libro un total de 14. Con eles, traslada o derradeiro ou derradeiros días con vida de máis dunha ducia de mozoulos que, a pesar de quedar abrasados, loitaron por vivir, algúns entre os brazos das súas nais.
Outra historia, pero sen dor, é «A miña mascota e mais eu» (Kalandraka), asinada por David Hernández Sevillano e Alejandra Estrada. Na primeira páxina, un can cunha pelota comeza o relato: «Chámome Coco e sempre tiven unha mascota». Ata o remate da obra, imos coñecendo a complicidade entre o can e o neno, cunha linguaxe chea de cariño. A peculiaridade do libro radica en que quen o narra é o cadelo e de quen fala é o rapaz.
O universo dos animais é explorado tamén en «O tellado de Bieito» (da editorial Nube Ocho). Neste caso, o texto e as ilustracións son de Anuska Allepuz. O arranque é unha lea discursiva entre Gato e Rato pola propiedade dun tellado. Pouco a pouco, outros animais tamén o irán reclamando ata que un suceso acontece e o oso Bieito queda triste ante o resultado. Porén os outros animais farán ao fin piña para resolver a desfeita.
Para os primeiros lectores, «Que precisa un gato pequeno?», editado por Kalandraka e asinado por Natalia Shaloshvili. Fálanos da importancia de coidar, de ter quen nos queira e nos coide. Os debuxos son sinxelos pero cunha atmosfera de cor que envolve cada páxina como se a tivera no colo.
Curiosa é a proposta de «Dez coelliños», de Maurice Sendak (Kalandraka). O autor de «Onde viven os monstros» aposta aquí por un álbum só ilustrado, sen palabras no que o protagonista é un neno mago. Da súa chisteira van choutando coelliños. A obra serve para os máis cativos para aprender a contar os primeiros números.
Outra xoia pero con máis letra é a versión pop up dun clásico, «Unha eiruga moi larpeira», de Eric Carle e tamén editado por Kalandraka. É a historia dunha ouruga que come, come e come ata converterse nunha preciosa bolboreta.
Pola súa parte, Hércules Edicións ofrece «Son calado», de Andie Powers e Betsy Petersen. No inicio, vemos a Emilio, un neno que nos marca a diferenza entre ser calado e ser tímido. Nas páxinas, explícanos que inda que non fale moito, no seu interior, el é un valente guerreiro, un ousado capitán... Como di a autora no final do libro, esta historia é «para nenas e nenos calados aos que as persoas adultas non entenden».
Tamén con Hércules coñecemos o álbum ilustrado «Cando era pequena», de R. J. Peralta e Blanca Millán. O escenario deste volume é unha aldea do pasado e en concreto, a casa da protagonista onde mora cunha gran familia. Pouco a pouco vai describindo os labores do agro colectivos e individuais, a emigración do seu irmán, a importancia das cartas como medio de comunicación, a felicidade de vivir xunto aos seus.
Por último, a editorial Nube Ocho presenta «Vera astronauta», un libro sobre unha nena que chega á Gran Academia Espacial. Alí son todos nenos varóns agás ela e unha amiga. Unha viaxe a Marte para axudar a uns compañeirosserá o inicio dunha gran carreira.
Un libro con pictogramas é «Nicolás vai á biblioteca» (Kalandraka). O texto é de Bata e as ilustracións, de Alicia Suárez. Nel, fala do apaixoante que pode ser a unha biblioteca para vivir moitas aventuras a través de diversos tipos de libros.Agora que vén a Noite de Samaín, «Noite de golpes» pode ser un libro interesante. A cuberta brilla na escuridade. Ao pasalo, descubrimos un esqueleto pequeno que le un cómic mentres un esqueleto grande pasea o can. Nas sucesivas páxinas, coñecemos a súa casa, cando entran en perigo e cando están a salvo sempre grazas ao médico e grazas a permanecer xuntos o pai e mailo fillo esqueletos. Tamén é de Kalandraka.
Suscríbete para seguir leyendo
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Condenan a un supermercado a indemnizar a 76 trabajadores gallegos por practicar «esquirolaje organizativo» durante una huelga
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Toralla prohíbe los pisos turísticos antes de la apertura de la isla a Vigo
- Augas alerta al Concello ante el «riesgo de desabastecimiento de más de 400.000 personas» en Vigo
- La Xunta mantiene en el aire el disuasorio planeado en la autovía
- Los jugadores del Espanyol saltaron al campo con mascotas en sus brazos para concienciar contra el abandono animal
- Davila 12/11/2025