A marinense Anxos Fazáns, ao Festival de Cinema de Tallín
Estrea a súa última película, «As liñas discontinuas» | O filme está rodado en galego

A marinense Anxos Fazáns, ao Festival de Cinema de Tallín

A directora Anxos Fazáns, de Marín, vén de rematar a súa última longametraxe, «As liñas discontinuas», que terá a súa estrea mundial en Estonia, no Tallinn Black Nights Film Festival (PÖFF). Este é un dos 15 certames más importantes do mundo ao nivel dos de Berlín, Cannes, Shangai, Moscú, Locarnos, Venecia ou San Sebastián. O filme foi rodado integramente en galego.
O PÖFF vaise desenvolver do 7 ao 23 de novembro e España é o único estado que conta con dúas películas representantes na sección oficial: «La buena hija» de Julia de Paz Solvas e «As liñas discontinuas», de Anxos Fazáns.
O filme de galego optará ao premio principal tras competir para a selección cun total de 1.900 filmes de diferentes países.
«As liñas discontinuas» vaise proxectar tamén na sección oficial do Festival Internacional de Cine de Gijón o mes vindeiro.
A longametraxe está protagonizada por Mara Sánchez –que ten tido personaxes en «Libro de familia», «Pratos combinados» ou «Terra de Miranda»– e por Adam Prieto, quen se estrea na interpretación.
Ela dá vida a unha muller duns 50 anos que se está separar. De volta ao seu fogar, descobre que un mozo está nel. Trátase de Denís (Adam Prieto), un rapaz trans nos seus 20 que lle entrou na casa a roubar.
Tralo susto inicial e contra todo pronóstico, irán falando dos problemas da súa vida: o divorcio ou a precariedade laboral, por exemplo. Ese encontro vai transformar a súa realidade para a súa vida en diante. A película foi rodada en Vigo e en Marín.
- La víctima del crimen de la vieja estación de autobuses de Vigo estaba indefensa y recibió cuchilladas en cuello, tórax y costado
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- Una vuelta de tuerca inesperada
- La capital del gótico gallego a solo hora y media de Vigo: un pueblo rodeado de naturaleza, tiene el primer parque temático de España y recomendado por National Geographic
- El nuevo estadio del Betis se «cuela» en la carrera de Vigo hacia el Mundial
- Proyectan dos «glampings» en Nigrán con 29 cabañas y 30 tiendas de lujo
- Descubren en Vigo a tres personas, dos menores, ocultas en una plataforma de carga a punto de embarcar hacia Reino Unido
- Ofrenda floral ante la chabola del crimen de la estación de autobuses de Vigo