Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«O que nos pode salvar deste mundo é o amor e a amizade auténticos»

Alberto Vázquez comparte coa ferrolana Chelo Loureiro o cetro de galego con máis premios Goya: catro. Conseguirá o quinto coa súa nova película de animación «Decorado»? A longametraxe estréaa no Festival de Sitges o día 12 para chegar aos cinemas na xornada do 24.

Fotograma  de «Decorado». |  Decorado

Fotograma de «Decorado». | Decorado

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Imaxino que estará contento por presentar en Sitges o filme.

Alberto Vázquez.

Alberto Vázquez.

Si, estou moi contento; é o festival máis importante de Europa no xénero de terror, ciencia ficción e fantasía. «Decorado» será a única pelídula de animación en competición. O festival, ademais, ten moita repercusión e prensa. O público é o adecuado, dalgunha maneira comprende a beleza da escuridade; é afín á miña maneira de entender o meu cinema.

A longa provén dunha curta homónima, coa que gañou un Goya. Son espellos ou difiren?

Teñen cousas en común pero utilizo a curta para chegar a outra cousa. A narrativa é diferente e hai personaxes, tramas e temáticas novas. A curta era en branco e negro como con gravados do século XIX. A película de agora é en cor e con animación tradicional en 2D. peli a cor, animación tradicional.

Participa o equipo de sempre?

Hai cambios nesta coprodución galego-vasco extremeña e portuguesa. A historia foi coescrita con Xavi Manuel, guionista catalán. A novidade é que eu non son o director de arte da película. esta vez. Para facer evolucionar o meu estilo, necesitaba alguén que debuxase semellante a min pero non igual. Esa persoa foi José Luis Águeda, director de arte de «Robot dreams». A min, a animación permíteme falar da realidade dende outro punto de vista. Traballo con debuxos de animais, con cartoons clásicos e infantiles para falar dos problemas da nosa sociedade..

A saúde mental é un dos eixos de «Decorado».

Falo da crise da saúde m ental. O personaxe principal medícase. É moi frecuente na sociedade na que vivimos ter depresión, falta de motivación, ansiedade, estrés...Tamén me interesaba falar da crise laboral Os protagonistas non teñen traballo, viven en precariedade. Tamén teñen unha crise de amigos, de familia. Os personaxes principais son os ratos María e Arnold, unha especie de Minnie e Mickeyque teñen unha crise de parella.

Arnold atópase nunha situación delicada.

El busca traballo todo o rato e non hai para el porque é un disidente. Os personaxes son animaliños controlados por unha megacorporación que é como se xuntaran Google, Amazon e Monsanto. Interesábame falar do control económico e comunicativo das grandes compañías

O mundo no que nos sitúa, coa sensación de vivir nunha realidade que é un ‘decorado’ lémbranos -salvando as distancias- a «Matrix» ou «O show de Truman».

Digamos que hai influencia de varias obras distópicas como «O show de Truman», «1984», «Un mundo feliz». Son obras nas que o home ten que buscar a súa liberdade. Son obras sobre o sentido da vida e da liberdade . Tamén ten influencia de Looney Tunes, do surrealismo de Luis Buñuel.

Cre que somos realmente libres hoxe en día?

O pato Rony, parodia de Donald, cando falan de que todo é un decorado, di que alomenos é o noso decorado. O que vivimos hoxe pode ser inquietante polas cousas que están pasando no mundo. As inxustizas, a guerra, as redes sociais, a intelixencia artificial ameazan a nosa sociedade tal e como a coñecemos. O que nos pode salvar dentro deste mundo poden ser o amor e a amizade auténticas fronte ás relacións superficiais.

Sen humor negro vostede non fai cinema?

Para a miña aposta artística utilizo un amor sarcástico, un pouco galego, con ironía. O humor negro sérveme para quitar peso a certas cousas. É honesto e sáeme de maneira natural.

De verdade debemos renunciar a soñar?

Un personaxe de médico dille que neste mundo é imposible soñar. É unha situación cómica absurda. Eu quería falar nesta película da crise da saúde na sociedade. Moitas veces para sobrelevar os malos momentos da vida recorremos a medicamentos-drogas ou drogas que poden ser medicamentos para lecer ou evadirse da realidade.

«Noticias de apoyo a tres columnas»

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Aenean commodo ligu, aliquet nec, vulputate eget, arcu. In enim justo, rhoncus ut, imperdiet a, venenLorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Aenean commodo ligula eget dolorenean massa. Cum sociis natoque penatibus et magnis dis parturient montes, nascetur ridiculus mus. Donec quam felis, ultricies nec, pellentesque eu, pre justo, fringilla vel, aliquet nec, vulputate eget, arcu. In enim justo, rhoncus uLorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Aenean commodo ligula eget dolorenean massa. Cum sociis natoque penatibus et magnis dis parturient montes, nascetur ridiculus mus. Donec quam felisec pede justo, fringilla vel, aliquet nec, vulputate eget, arcu. In enim justo, rhoncus uLorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Aenean commo

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents