Unha alborada e unha muiñeira, as gravacións sonoras galegas máis antigas
Carlos Martín Ballester localizou as pezas musicais que fixo públicas o CCG

Cilindro de fonógrafo da «Alborada do Gaiteiro de Valdeorras». | CCG
R. S.
Rexistrada entre 1897 e 1900, a Alborada do Gaiteiro de Valdeorras, constitúe, ata o momento, a gravación máis antiga de tema galego conservada e tamén o primeiro rexistro sonoro dun gaiteiro do país. Así mesmo, a Muiñeira de Blanca del Carmen, recollida ao redor de 1900, sería ata o de agora a primeira gravación coñecida dunha canción en galego cantada por unha muller. Son dúas das catro gravacións que vén de presentar o Arquivo Sonoro de Galicia grazas ao traballo do especialista en gravacións históricas Carlos Martín Ballester, quen localizou e identificou estas pezas que enriquecen o patrimonio sonoro de Galicia en cilindros fonográficos.
As ditas pezas veñen de ser difundidas polo Consello da Cultura Galega (CCG) través da súa páxina web, catro meses despois de que o investigador en patrimonio sonoro as presentara na xornada O fonógrafo e as demostracións públicas en España (1877-1895): a vía galega, celebrada no CCG. En concreto, as pezas musicais, descoñecidas e postas á disposición do público, corresponden a unha muiñeira, unha alborada e dous tangos.
Ballester conta co maior arquivo musical de España de 1895 a 1960, ademais de ser especialista en cilindros de fonógrafo e discos de gramófono, polo que puido extraer as melodías a partir de lousas gravadas dos cilindros orixinais. O primeiro audio, Alborada do Gaiteiro de Valdeorras, do gabinete fonográfico Álvaro Ureña, correspondería ao son máis antigo que se coñece en Galicia ata o momento, mentres que Muiñeira sería a primeira canción en galego interpretada por unha muller, uns versos na voz da soprano Blanca del Carmen, cantante de zarzuela e ópera. Así mesmo, Ballester recuperou sons de Antonio Pozo , «El Mochuelo», dous tangos que fan referencia nas súas letras a Galicia.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- Turistas maleducados
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados