O fotógrafo José Suárez, protagonista do Día das Artes Galegas 2026
A Academia Galega de Belas Artes elixiu o pasado sábado ao alaricano, considerado o «fotógrafo galego máis internacional», pola súa obra etnográfica e humanista

José Suárez, nunha imaxe do blog dedicado a él.
R.S.
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) elixiu a José Suárez, o fotógrafo galego máis internacional, como o homenaxeado do Día das Artes Galegas o 1 de abril do 2026, informou onte a entidade. O alaricano, ademais de fotógrafo influenciado polas vangardas artísticas, foi cineasta e desenvolveu varios proxectos como o inacabado documental «Mariñeiros».
A RAGBA celebrou o seu plenario mensual este pasado sábado, 28 de xuño, na súa sede da Coruña, encontro académico no que, tras votación regulamentaria do pleno, presidido por Manuel Quintana Martelo, acordou dedicar a celebración do Día das Artes Galegas –1 de abril do 2026– ao fotógrafo José Suárez.
Tivo en conta para esta dedicación os seus numerosos méritos, como ser considerado o fotógrafo galego máis internacional, pola súa obra etnográfica e humanista. Ademais de fotógrafo, influído polo pensamento da «Revista de Occidente» e as ideas artísticas das vangardas, foi cineasta.
José Suárez (Allariz, 1902 – A Garda, 1974) empeza a facer fotos cando aproba o Bacharelato en Ourense e o seu pai lle regala unha cámara fotográfica. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Salamanca. A partir de aí, comeza a facerse fotos as súas irmáns e a publicar reportaxes en «Vida Gallega» sobre Allariz e a súa Festa do Boi.
En 1932 realiza as series etnográficas da romaría de San Vitoiro (Allariz), dos oleiros (Niñodaguia), de beiramar (Rias Baixas Galegas), da malla (Paicordeiro e San Salvador dos Penedos no concello de Allariz), os carros e as feiras.
No 1935 expón en París, no Office National Espagnol de Tourisme, e en Madrid. Comeza a rodar no ano 1936 o documental «Mariñeiros», interrompido polo golpe de Estado. Exiliase na Arxentina en 1937, e alí vai traballar como realizador e director de fotografía de varios filmes.
Desde 1950 vive en Uruguai, donde rexenta unha libraría. En 1956 viaxa a Xapón de correspondente de prensa. Alí namorase da cultura nipona e o teatro clásico «Noh». Coñece ao director Akira Kurosawa, co que mantivo unha boa amizade. Colabora coa revista «Life», «US Camara», «Vida gallega» e «Cinegraf», entre outras. No 1959 volve a España, e edita un libro sobre «La Mancha» e outro sobre o mundo dos touros para unha editorial inglesa.
Foi amigo e colaborou con Luís Seoane, Ramón Pérez de Ayala, Eduardo Blanco Amor e Rafael Alberti, entre outros. Ilustra parte da «Historia de Galicia» de Otero Pedrayo. Desde o ano 1971 participa nas tertulias do hotel Miño de Ourense.
Recentemente, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid adquiriu 15 obras de José Suárez para integralas na súa colección permanente de fotografía.
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- A la venta a solo 10 euros las entradas en la platea para el concierto de Ana Belén en Castrelos
- Un hostelero de Vigo expulsa a unos israelíes de su restaurante: «En mi bolsillo no puede entrar dinero pagado por ellos»
- Jennifer López se marcha de Galicia tan diva como llegó
- La diva del Bronx «revienta» Pontevedra
- El ave que se «come» a la velutina