Un libro recupera os xéneros musicais populares galegos para dar a coñecer o seu legado

Presentárono onte na cidade de Vigo Moisés Quintas e Victoria Pérez

Danza dos Maios e canto de coplas en Redondela. |  Hércules de E.

Danza dos Maios e canto de coplas en Redondela. | Hércules de E.

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Aseguran Moisés Quintas e Victoria Pérez que «a canción é unha das manifestacións máis puras do sentir dun pobo». Os dous veñen de publicar o libro «Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos» (Hércules de Ediciones) e onte presentárono en Vigo na Libraría Cartabón. No volume, describen o tipo de cantigas, ofrecen 31 partituras e un disco con exemplos musicais de cada unha e no que participaron xente como Uxía Senlle, Tino Baz, Xisco Feijóo ou Eva González.

Sinalan no arranque da pubicación que a clasificación que presentan «está baseada na división das cantigas galegas realizadas polo escritor, etnógrafo e destacado membro da Xeración Nós Vicente Risco». Fíxanse tendo en conta o rito e afinalidade e no final do libro percorre os xéneros danzados como a danza de Reis de Salceda ou as do Entroido.

Na clasificación, fíxanse nas cantigas de divertimento (para entreter e divertirse), de labor ou para acopañar o traballo; infantís (de berce ou arrolo); do ciclo anual (polas festas do ano); de romaxe (entonadas de camiño ás romarías ou cando están nelas); de cego ou romances. De aquí en diante ofrecemos algúns detalles destacados que atopamos.

O canto máis antigo .Quintas e Pérez subliñan que o alalá «é o canto máis antigo e femoso que atopamos en Galicia». Vén cargado de sentimento, melancolía e tristeza. Tamén sinalan que está entoado «para ser escoitado ao aire libre, en soidade». Casto Sampedro chegou a dicir que parecía que tiñan «sangue relixioso» na súa esencia melódica.orixe culta da muiñeira .Os autores escriben que as muiñeiras poderían ser «tan vellas como os muíños, que naceron ao son rítmico do tarabelo por onde vai escoando o gran que tritura a moa no seu monótono xirar nas reunións». Porén, aseguran que a muiñeira nova, que ten carácter instrumental, podería ter a súa xénese na música cultaa alborada de rosalía .A obra fíxase nas alboradas, un dos xéneros instrumentais. Trátase dun canto ao sol, ao día que nace. No caso da Alborada de Rosalía de Castro, sinalan que a nai das Letras Galegas escribiu un poema inspirado nunha alborada escoitada a un gaiteiro de Iria Flavia, Clemente Eiras. Tras falecer a ela, a súa filla Alejandra entoou a peza ante Casto Sampedro no 1912 e no 1913 ante Perfecto Feijoo que a anotou.ata sete variantes da muiñeira para ser bailada . O libro explica que entre os xéneros bailados atópase, por suposto, a muiñeira que pode ser nova ou vella. Ben o sabemos. O que quizais xa non coñecemos todas e todos é que hai ata sete variantes: ribeirana, carballesa, contrapaso, golpe, redonda, baile dos vellos e chouteira. Esta última aparece como variante no Cancioneiro Musical de Galicia, segundo apuntan os autores.

Tracking Pixel Contents