Suso de Toro: «O verdadeiro espírito democrático é o espírito antifascista»

«A xente nos anos 70 estaba máis famenta de democracia que hoxe. Estas décadas últimas encolleron a xente», lamentou o escritor que vén de publicar «Conta, Sherezade»

El escritor Suso de Toro, invitado al Club Faro, y presentado por el periodista Xan Carballa y el director de Edicións Xerais, Fran Alonso

El escritor Suso de Toro, invitado al Club Faro, y presentado por el periodista Xan Carballa y el director de Edicións Xerais, Fran Alonso / Marta G. Brea

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

«O verdadeiro espírito democrático é o espírito antifascista», defendeu onte o escritor Suso de Toro quen presentou onte no Club FARO a súa última novela, «Conta, Sherezade» (Xerais).

Criticou que «os intelectuais españois calaron como petos» cando as forzas de seguridade estatais mallaron na poboación catalá no referendo. «Somos todos demócratas? Non. É demócrata quen cre na democracia e intenta defendela. Non se nace demócrata, hai que educarse. A xente nos anos 70 era máis famenta de democracia e de liberdade que hoxe. Tiña máis ganas de liberdade, tiña menos medo que hoxe», reflexionou.

«Estas décadas últimas o que fixeron foi encoller a xente. Foi así. Cousas que se defendían con naturalidade antes agora son radicais», respondeu a preguntas do xornalista Xan Carballa que o entrevistou tras a presentación de Fran Alonso, director da Editorial Xerais.

El escritor Suso de Toro, invitado al Club Faro, y presentado por el periodista Xan Carballa y el director de Edicións Xerais, Fran Alonso

El escritor Suso de Toro, invitado al Club Faro, y presentado por el periodista Xan Carballa y el director de Edicións Xerais, Fran Alonso / Marta G. Brea

Con humor, Suso de Toro indicou varias veces que lle avisaran de que non falara de política polo que no seu ánimo estaba responder sobre o novo libro.

A novela, «Conta, Sherezade» comeza cunha misiva dunha muller que é alumna dun escritor nun obradoiro de escrita. A medida que lle vai preguntando cuestións sobre a novela que prepara imos coñecendo o relato.

«Luz (a protagonista) é unha profesora de instituto» que lembra as conversas co seu avó Ubaldo que por mor da demencia «pregunta sempre quen gañou a guerra. A muller vai contando a historia da súa familia» onde «ninguén conta o que lle aconteceu ao seu avó».

Así, nas primeiras páxinas Luz convértese nunha Sherezade do século XX cun conto sobre a Guerra Civil, unha contenda da que ela de mozoula pouco sabía. Deste xeito, a medida que investiga no golpe de estado para contarlle a unha versión adulterada ao avó que vai perdendo a memoria, vai coñecendo episodios pasados da súa familia pero tamén de España. «Pasei a narrarlle unha contrahistoria dun xeito un tanto perverso», escribe a personaxe avanzada a redacción.

El escritor gallego Suso de Toro, invitado al Club Faro

El escritor gallego Suso de Toro, invitado al Club Faro / Marta G. Brea

Preguntado sobre que impulsa a súa vontade para escribir, indicou que «eu intento ser un escritor como os demais. Din que o destino está no carácter. Eu quero cambiar o mundo que me rodea e, para iso, utilizo a palabra. De rapaz, chamábanme ‘o vello dos contos’. Contaba cousas que escoitaba na radio. Igual esa foi a orixe da miña carreira literaria».

Para Suso de Toro, «os intelectuais deben asumir responsabilidades». Neste sentido, lembrou como no pasado escribiu un artigo e investigou sobre Torrente Ballester na Guerra Civil.

Lembrou que cando tivo lugar a sublevación do 1936 o escritor galego atopábase en París. Antes desa data, fora secretario do Partido Galeguista en Compostela. Na capital francesa e ante a marcha dos acontecementos, «decide cambiar de bando».

Así foi como acabou en Burgos , na oficina de propaganda «competindo por conseguir cargos». Lembrou que a un dos fillos de Torrente Ballester non lle pareceron ben estes comentarios e así llo expresou vía carta. De Toro respondeulle con documentación para aclarar que unha cousa era a lembranza de Torrente como pai e outra cousa como cidadán. Respecto disto último, indicou que ao longo da vida puido «reflexionar en alto» sobre as cousas nas que obrara mal, pero non foi o que fixo. «Actuou co maior cinismo».

Público asistente al Club Faro con el escritor gallego Suso de Toro como invitado

Público asistente al Club Faro con el escritor gallego Suso de Toro como invitado / Marta G. Brea

Ao respecto, denunciou que Ballester no Ferrol do 1936 realizou publicacións nos medios da Falanxe nos que dicía cousas «terribles» nun tempo no que se fusilaba a xente.

Prepara un libro sobre Castelao e Piñeiro

Asegurou onte De Toro que «a personaxe protagonista da novela non é ninguén en concreto. Constrúes na imaxinación unha persoa que podería ser verosímil. O seu avó non é un perxonaxe real pero está construído sobre personaxes que en parte veñen do mundo do libro anterior, ‘Un señor elegante’» (sobre a familia Baltar).

Explicou que un deses personaxes foi Ramón de Valenzuela. «Utilicei un pouco aspectos da súa vida. Viña dunha familia burguesa de ascendencia fidalga. O actual Rueda é desa familia pero doutra rama. Valenzuela era galeguista pero a guerra colleuno neste lado. Despois, pasaríase para o bando dos republicanos. Acabou exiliado, do Partido Comunista e volvendo a Galicia para ter unha vida moi discreta», sinalou.

El escritor Suso de Toro, invitado al Club Faro, y presentado por el periodista Xan Carballa y el director de Edicións Xerais, Fran Alonso

El escritor Suso de Toro, invitado al Club Faro, y presentado por el periodista Xan Carballa y el director de Edicións Xerais, Fran Alonso / Marta G. Brea

«Foron xente que o pasaron mal, que baixaron a cabeza e sobreviviron como puideron», engadiu.

Recoñeceu que tamén está presente a influencia de Ramón Baltar («Un señor elegante»), que foi un «personaxe fascinante».

Por último, anticipou que en novembro publicará novo libro que ten xa rematado. «É un libro bastante duro», indicou sobre a novela protagonizada por Ramón Piñeiro, Castelao e Virxinia e as discrepancias entre eles.

Tracking Pixel Contents