Habitar o baleiro lanza un «crowdfunding» para un documental sobre a Galicia despoboada
O colectivo a cargo da exposición homónima, agora no Museo Quiñones de León, quere levar o seu proxecto ao eido audiovisual

Mujer en un incendio forestal en Toubes, en San Cristovo de Cea (Ourense) / Brais Lorenzo
O colectivo Habitar o baleiro, canda á produtora viguesa Metropolis.coop, vén de poñer en marcha unha campaña de crowdfunding para financiar o seu futuro documental. O grupo formado por xornalistas, un fotógrafo e profesionais do audiovisual busca levar á gran pantalla o seu traballo de documentación do despoboamento e a vida no rural galego.
A campaña márcase un obxectivo óptimo de 102.100 euros para sufragar os gastos de gravación sobre o terreo, especialmente nas zonas máis despoboadas das provincias de Ourense e Lugo, «para documentar o que nace e o que morre e o impacto ambiental e climático nas aldeas de Galicia». O documental conta co apoio da Deputación de Ourense e do Festival de Cine de Ourense (OUFF).
O proxecto Habitar o baleiro conta xa cunha exposición itinerante en marcha –neste intre no Museo Quiñones de León de Vigo (Pazo de Castrelos)–, con fotografías do fotógrafo Brais Lorenzo e textos dos xornalistas Cláudia Morán, Manolo Broa, Alba Moledo, Sergio Pascual e Lucía Abarrategui; e tamén cunha serie de reportaxes publicadas en medios de comunicación.

Marta G. Brea
Ambos formatos, exposición e reportaxes, amosan as luces e as sombras dalgunhas das áreas máis despoboadas de Galicia e exploran a posibilidade dunha vida e un futuro nas áreas rurais. As historias recollidas polo colectivo condensaranse no documental Habitar o baleiro, co apoio de voces de persoas expertas en distintos eidos para abarcar do mellor xeito posible a complexidade da temática.
Honestidade
«Con este formato queremos dar un punto de honestidade e pór o foco sobre o que está pasando no rural, todo iso que neste momento non estamos mirando», sinala Miguel Riaño Roa, director do documental.
«A imaxe é unha ferramenta de loita, de preservación da memoria, e xoga cunha perspectiva de testemuño e documento histórico: as imaxes melloran, case sempre, co paso do tempo», achega Brais Lorenzo, director de fotografía. “No baleiro sempre acabas atopando vida: xunto con esa realidade que está a desaparecer sempre hai outras que están nacendo”, apunta Cláudia Morán.
Habitar o baleiro está formado por Lorenzo, Morán, Manolo Broa, Alba Moledo, Alba R. Saavedra e Sergio Pascual, co apoio dos profesionais do audiovisual Riaño, Thomas Harris e Juan Carlos García.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Muere Marta Jiménez, colaboradora de ‘El Hormiguero’, durante un salto base en Huesca con tan solo 34 años
- Las rampas de Gran Vía a Praza América serán semiabiertas y contarán con árboles
El planeta, la salud y la sociedad: las tres máximas de Danone

