O Día das Letras Galegas do 2026 recae na viguesa Begoña Caamaño

A Real Academia Galega destaca o compromiso co uso do galego da xornalista, narradora e feminista nacida no barrio do Calvario da cidade olívica

Begoña Caamaño.

Begoña Caamaño. / RAG

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

No ano 2014, falecía a xornalista e escritora viguesa Begoña Caamaño. Xusto doce anos despois, Galicia enteira vaille rendir tributo no Día das Letras Galegas do 2026. Así o vén de decidir a Real Academia Galega (RAG) tras un pleno extraordinario no que quedaron para outra ocasión as candidaturas que defendían a homenaxe para Miguel González Garcés, Enrique Labarta Pose ou Antón Tovar.

Por parte da Academia, nunha nota, sinalaron que "a figura de Begoña Caamaño dialoga hoxe cunha parte moi activa da profesión xornalística e literaria, traslada outra experiencia de ambas as dúas. Cómplice dese tecido de voces que é a literatura, coma colchas tecidas con retallos, voz coral na que se recoñece, entrégase á narrativa sen desoír a interrogación da xornalista e a esixencia da lectora”.

Caamaño foi xornalista da Radio Galega (traballou no "Diario Cultural"), Radio Noroeste e Radio Popular. Como narradora, atopamos as súas obras "Morgana en Esmelle" e "Circe ou o pracer do azul". Con esta obra debutou na literatura aos 45 anos.

Tracking Pixel Contents