Demanda colectiva para que a futura aplicación informática dos xulgados inclúa o galego
Máis de 350 xuíces e letrados, incluído o presidente do TSXG, asinan a petición

Máis de 350 xuíces e letrados así como de persoal do sector xurídico de Galicia apoian a petición para que a futura aplicación informática nos xulgados inclúa a lingua galega ademais do castelán. Entre as sinaturas a favor, atópase a do presidente da sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, Xosé Xoán Barreiro Prado; e a do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde.
A demanda vana á Consellería de Xustiza e ao Ministerio do Interior. Este último prepara unha nova versión da aplicación informática Atenea. Esta substituirá o programa Minerva a partir de xaneiro de 2026. «A aplicación informática do Ministerio só estará disponible en castelán e non hai previsión dunha versión bilingüe», sinala o presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xoaquín Monteagudo Romero.
De feito, é a Irmandade a que está a recoller as sinaturas para que Atenea tamén teña en versión en galego. Sinala o colectivo que «quedan máis de seis meses» polo que hai tempo abondo para que a Consellería e o Ministerio colaboren para desevolver unha aplicación informática bilingüe como noutras comunidades.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada