O Consello da Cultura Galega abre unha web con “Lugares de memoria” de Galicia
«Pretende ser unha viaxe polo noso patrimonio e pola nosa historia», apunta a presidenta do CCG, Rosario Álvarez | Contará con 75 entradas

Desde a esquerda, Emilio Insua,Núñez Seixas, Ramón Villares, Ana Cabana e Xurxo Ayan, onte, na presentación do proxecto.
R.S
O castro de Santa Tegra,o wolframio, os mártires de Carral, a Federación de Sociedades Galegas, o dolmen de Dombate, o castro de Santa Tegra ou a Porta de Carlos V son lugares significativos da memoria colectiva galega. Son tamén as seis entradas que abren o espazo web Lugares de memoria, co que o Consello da Cultura Galega (CCG), presentado onte en Santiago e que estará conformado por 75 entradas que poñerán o acento nas interpretacións, permanencias e legado na memoria colectiva do país.
«Pretende ser unha viaxe polo noso patrimonio e pola nosa historia» apuntou a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, na inauguración da xornada «Lugares de Memoria de Galicia: historia e lembranza» coa que se abriu publicamente este proxecto. Xunto con ela, Xosé M. Núñez Seixas, vicepresidente do CCG e coordinador do proxecto, destacou que este catálogo virtual irá incorporando novas entradas progresivamente.
As 75 entradas seguen a definición canónica do historiador francés Pierre Nora, finado a semana pasada en París, que asegura que os lugares de memoria son entidades tanxibles e intanxibles que se converten co paso do tempo nun elemento simbólico para ese colectivo ou comunidade. «Busca un equilibrio entre as diferentes etapas históricas e non é unha lista pechada, senón que está aberta a novas incorporacións» apuntou Núñez Seixas.
Comeza co Dolmen de Dombate e remata coas folgas de Ferrol en 1972, e polo medio hai entradas que abranguen lugares físicos como o Gran Sol. Hai proxectos editoriais como a Editorial Galaxia xunto con figuras, mitos, termos ou eventos destacados.
Para a creación deste proxecto elaborouse unha comisión técnica temporal coordinada por Xosé M. Núñez Seixas e integrada por Ramón Villares, Xurxo Ayán, Ana Cabana e Emilio Ínsua.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados