«Somos dos poucos festivais que agota as entradas»
O Son do Camiño inicia nova edición o xoves. Este ano, diversas voces piden boicotealo pola implicación do fondo proisraelí KKR na súa produción. Kin Martínez, o seu director, califica de horror o que acontece en Palestina pero reflexiona sobre o dobre raseiro das críticas ao seu festival.

Kin Martínez, de Esmerarte. | Alba Villar

O cartel tivo un cambio de última hora. Caéronse del os Kings of Leon e, no seu lugar, veñen Kasabian. Foi doado o cambio?
Foi repentino. Kings of Leon son uns artistas que son cabeza de cartel en moitos festivais europeos. Cando nos avisaron de que ían operar o cantante e que tería que cancelar esta parte da xira europea, era xuño cando xa están definidos os tours dos artistas. Kasabian era xa unha opción na que pensaramos antes pero dixérannos que non querían xirar este ano. Volvimos contactar con eles e ao final aceptaron [será o seu único concerto na península].
Teñen todo vendido para o sábado, está custando máis que outros anos os tiques para o xoves e venres?
Van a bo ritmo. Estamos practicamente na mesma dinámica doutros anos. É certo que este ano vai un pouco máis lento pero as entradas de día soen esgotarse na última semana. Temos un aforo de 42.000 persoas, o que é unha cantidade importante. Non foi unha venda tan explosiva como outros anos pero ten que ver co poder adquisitivo da xente. Pero imos estar nas mesmas cifras doutros anos.
Está empezando a facer dano entón a situación económica nos petos da xente...
Nesta altura, Portamérica leva vendido máis que o vendido todo o ano pasado. O cartel deste ano é máis potente que outros anos e hai unha ampliación de aforo. No caso de O Son, seguramente se agotarán as entradas no último día.
Sería posible ampliar recinto e aforo en anos vindeiros?
O Son do Camiño é o de maior aforo en Galicia e creo que está ben esa acollida. Santiago e o arredor ten esgotada a súa capacidade hoteleira para eses días. Pasarnos de aí sería complicado. Tamén queremos que o festival sexa unha experiencia satisfactoria. Se o masificamos temos un problema. Ademais, nós conxelamos os prezos. O patrocinio público retraémolo do prezo da entrada. Con ese cartel, custaría 230-240 euros que é o que custa en toda España un evento así. Nós cobramos 120 euros de media. Iso axuda a moita xente a ir e fai que o festival sexa un éxito.
Retransmitirán os concertos polo YouTube e RTVE como o ano pasado?
Está enriba da mesa. As televisións están negociando certos contratos e algunhas producións dos artistas queren pero outras non. Depende moito da representación dos artistas, das discográficas... Agora nin siquera o artista o que di si ou non, senón unha compañía que ten detrás. Veremos se paga a pena facer unha retransmisión global.
Hai abono VIP.
Plantexouse dende a segunda edición. Hai xente que quere ter os baños máis preto e ter unha serie de servizos. Ampliámolo para a xente que valora esas entradas. É algo que está funcionando.
Pero non teñen medo de establecer unha diferenciación por clase social dentro do festival?
Non. Eu creo que o festival está plantexado cunha diversidade total a todos os niveis tanto no estracto socioeconómico como estilístico. Por exemplo, ofrecemos auga potable gratis no recinto. A xente non ten por que consumir dentro.
Este ano volven a ter palco para a música electrónica pero potenciado.
Empezamos hai dúas edicións e foi unha sorpresa. Cada ano o potenciamos porque hai moito público que lle gusta esa música. O ano pasado foi un éxito.
Que novidades agardan polo público nesta edición?
Hai pequenos cambios en canto a melloras de instalacións e baños. Fixemos cambios na loxística para mellorar a circulación ademais da calidade técnica. O sistema de lanzadeira de autobuses vai funcionar igual que sempre.
Creouvos inquedanza o problema das entradas coa plataforma Wegow aínda que traballades cunha entidade distinta?
Hai un tema de fondo. As plataformas son aplicacións tecnolóxicas. Wegow tiña uns límites con respecto ás capacidades. A plataforma que utiliza O Son do Camiño é máis custosa para o festival pero Weezevent é unha empresa contastadísima a nivel internacional. Colabora con moitos dos grandes festivais de Europa. En todos estes anos non tivemos ningunha incidencia con eles aínda que nunca se sabe porque detrás das plataformas hai empresas.
O ano pasado houbo polémica pola presenza feminina ou non no cartel. Neste, polo fondo israelí KKR que está dentro de varios festivais, entre eles, O Son do Camiño. Fálase de cancelacións pero non son doadas.
Primeiro, Esmerarte non ten nada que ver con ningún fondo. Como exrepresentante no sector, nunha conferencia na Complutense, alguén me preguntou como vía a industria musical no futuro. Eu dicía que as institucións tiñan que axudar a que o sector estivera potenciado porque, se non, viría o mercado libre e faríao por nós. Por desgraza, estámolo vendo. Por outra parte, os fondos de inversión están en moitos sectores. O que sucede en Palestina é un horror. Condénoo. Que non se poida deter o xenocidio é unha aberración, agora KKR, Black Rock e outros fondos de inversión proisraelíes están metidos en moitas empresas. O 37% da poboación española utiliza telefonía de KKR. Tamén están en cadeas de comida, de roupa, de comunicación. Pero teño preguntas. Se alguén traballa en McDonalds, vinculado a un fondo israelí, deixa de ir traballar? Quen traballa no BBVA –que ten alianza con KKR– deixa de traballar alí? O mesmo co Grupo Prisa ou Orange?
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Un crimen y un precinto policial que se eternizó: «La casa parece una selva»
Telefónica ayuda a las empresas en la implementación de soluciones de Inteligencia Artificial


La infancia en los medios de comunicación: luces, sombras y un reto pendiente
