O himno do Celta continúa 'colgándose' medallas
'Oliveira dos cen anos', a peza do centenario celeste obra de C. Tangana, fíxose co galardón nos Premios da Cultura Galega

Los tres representantes del Celta, José Manuel Amoedo, Gael García y Carlos Cao, recogieron el premio. / EFE
O Celta de Vigo, o vigués Joaquín Martínez 'Kin', de Esmerarte –que organiza os festivais O Son do Camiño ou PortAmérica–, a directora teatral e artista pontevedresa Marta Pazos, entre outros, recolleron onte os Premios da Cultura Galega.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou a «eclosión cultural» que vive Galicia e animou o sector «a non conformarse, ser ambicioso e seguir medrando» para o que comprometeu o apoio da Xunta. Así o salientou no Teatro Jofre, de Ferrol, na gala de entrega dos Premios da Cultura Galega 2024, considerados o maior recoñecemento outorgado na nosa Comunidade para pór en valor o esforzo e o talento creativo.
«Anímovos a continuar creando compartindo e crendo na potencialidade da cultura galega que nos une e nos fai sentir orgullosos», encomendoulles López Campos aos galardoados que nesta edición foron o escritor Manuel Lourenzo, na categoría de Letras; o deseñador gráfico Pepe Barro, a de Artes Visuais; a actriz e dramaturga Marta Pazos, en Artes Escénicas; e o xestor cultural Joaquín Martínez ‘Kin’, na de Música.
Ademais, Ficción Producións recibiu a distinción no eido do Audiovisual; a xornalista Julia Díaz, en Lingua; o historiador Xosé Manuel González, en Patrimonio Cultural; e o Real Club Celta de Vigo, na de Proxección Exterior polo himno 'Oliveira dos cen anos', composto por C. Tangana co gallo do seu centenario.
«Sodes sinónimo de excelencia, entrega e impulso á cultura galega», valoroulles o representante do Goberno galego aos distinguidos.
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Antonio Guerrero, gastroenterólogo: 'El cáncer de hígado es asintomático, pero una simple ecografía puede salvarte la vida
- Un tiktoker logra acceder a la Isla de Toralla y muestra a sus seguidores lo que nunca se ve: «Qué locura»
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Su hija se corta el pie en una piscina de Samil: «El socorrista me dijo que le había pasado a otros niños, pero aún no se arregló»