'Lubre' estréase no dicionario da RAG trala proposta do emblemático grupo musical
Bieito Romero, fundador de Luar na lubre, iniciou a proposta en febreiro en Vigo e foi finalmente aceptada neste mes das Letras Galegas

A palabra 'lubre', á fronte, coa tipografía oficial do grupo musical. Detrás, os compoñentes da propia agrupación 'Luar na lubre'.
E. M.
O desexo de Bieito Romero, fundador do grupo musical Luar na lubre, de incluír, precisamente, a palabra 'lubre' no dicionario da Real Academia Galega acaba de facerse realidade. O obxectivo desta iniciativa é o de «recuperar e recoñecer o valor histórico e literario do termo», segundo expresa a formación a través dunha nota.
A incorporación do vocábulo foi aprobada o pasado 21 de maio, pero aínda non aparece en liña a falta duns axustes técnicos. O substantivo, que acepta xéneros masculino e feminino, presentarase do seguinte xeito: «Bosque sagrado onde os celtas celebraban os seus rituais relixiosos».
Esta definición é prácticamente calcada á que Xosé Luís Franco Grande incluíu no seu dicionario publicado por Galaxia en 1968. Pois foi precisamente neste exemplar onde Romero descubriu o termo, concretamente no 1986, cando fundou Luar na libre.
O concerto que a agrupación deu o pasado 15 de febreiro en Vigo supuxo a semente desta proposta idiomática, xa que a cidade olívica garda unha gran conexión tanto co propio Franco Grande -faleceu precisamente aquí- como con Galaxia.
«Dende Luar na lubre estamos congratulados de que a Real institución fose sensible á incorporación deste termo histórico e literario da nosa lingua e dámoslle as grazas a todos e cada un dos membros polo feito», indicou Romero tras coñecer a nova. Do mesmo xeito, destacou a figura de Navia Franco, filla de Xosé Luís, tralo seu apoio nesta conquista.
A formación resalta que a palabra 'lubre' «cobrou vida de novo» tras 'viaxar' por máis de 50 países en 2.000 actuacións e figurar nuns 300.000 discos vendidos.
40 aniversario
Luar na lubre xa prepara o seu 40 aniversario. Farao cun «proxecto internacional» no que o termo recén estreado no dicionario da RAG gozará do seu protagonismo.
«Será tamén un recoñecemento a todos aqueles devanceiros que a fixeron brillar nas súas historias e nos seus dicionarios. Seguro que estarán ben satisfeitos de que se dese concluído un acontecemento coma este que dignifica e fai medrar o noso patrimonio como pobo», remata Bieito Romero.
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Muere Gerardo Huidobro Vence, oncólogo del hospital Álvaro Cunqueiro
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- El bloqueo de Portugal tras el apagón hunde la generación eléctrica de Galicia
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- El psicólogo Álvaro Bilbao advierte: si tu hijo hace estas preguntas, acude al pediatra «lo antes posible»
CPR Eduardo Pondal: Os intercambios europeos como ferramenta educativa integral

IES Paralaia: Un referente en innovación educativa

Compañía de María de Cangas, un século como referente educativo educando en valores
