Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cinema | Alejandro Jato Director da curta multipremiada no Festival de Cans

«Inda hai unha sensación puritana coa sexualidade»

«Curmán», a curta que gañou catro premios no último Festival de Cans, xa prepara a maleta para un festival en México e Río de Janeiro. É a primeira obra como director do vigués Alejandro Jato.

Uxía Otero, Machi Salgado e Alba Blanco (e-d). De pé, o director Alejandro Jato.

Uxía Otero, Machi Salgado e Alba Blanco (e-d). De pé, o director Alejandro Jato. / Sabela Eiriz

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mar Mato

Mar Mato

Vigo

O neno Antón ten medo de ir ao inferno. Acontécelle xusto no «día máis importante da súa vida» –como lle din os maiores– o día no que celebra a Primeira Comuñón na casa dos seus avós. É o eixo da curta «Curmán», de Alejandro Jato, actor que se puxo a dirixir por primeira vez e que se converte en nova promesa do cinema galego de curtametraxes. Falamos con el.

-É un retazo autobiográfico?

-Ten algunhas cousas que teñen que ver comigo, con como vivía eu as cousas de pequeno pero non é exactamente autobiográfico. Temporalmente, a historia está situada no 2002 que era cando tiña eu once anos.

Fotograma de "Curmán".

Fotograma de "Curmán". / A.J.

-Como viviu o Festival de Cans?

-Estiven alí con parte do equipo. Desde a mañá foi moi emocionante. O regalo foi estrear a curta alí. Era a primeira vez que vin a curta rodeado da xente. Puiden sentir as súas sensacións. Gústame que o cinema chegue á xente real e non só a académica.

-Tiña claro desde o principio o elenco?

-Tiña claro que quería contar con Melania Cruz, con Denís Gómez, con Machi Salgado ou Susana Sampedro. Coñézoos e como actor traballei con moitos deles. Sabía que podían entender a historia. En canto aos nenos, foi casual. O protagonista é Xurxo Cuquejo, sobriño do actor Santi Cuquejo que é amigo. Un día viaxando dende Madrid escoitei nun audio ao seu sobriño, pregunteille se querería participar e vin que en cámara daba o que buscabamos. O outro rapaz recomendoumo a directora Lucía Estévez. Conviviron todos unha semana xuntos na casa onde rodamos.

Cartel de "Curmán", de Alejandro Jato e premiada en Cans.

Cartel de "Curmán", de Alejandro Jato e premiada en Cans. / A.J.

-Onde se atopa a casa onde gravaron?

-É a casa da miña avoa, está preto de Panxón, no concello de Nigrán (Pontevedra). Rodamos todo alí. Conviviron unha semana alí chamándose cos nomes da curta e tendo a familia da curta como se fose súa para dar sensación de verdade.

-Un personaxe feminino fálalle ao neno de que «a sexualidade é unha das cousas máis bonitas da vida, se non a mellor».

-Esa muller representa a idea da tentación, do hedonismo. Representa o pecado e a liberdade ademais da valentía. Eu tiña unha tía que representaba algo máis aberto e liberal. É un personaxe onírico e mesmo místico.

-O medo ao inferno do neno xa non está tan presente hoxe.

-Inda que sexamos un estado aparentemente laico si que temos unha herdanza católica que está aí. Hai algo da sensación puritana e da relación coa sexualidade que é un tabú. A culpa cristiá ten que ver cunha herdanza. A educación católica nas conciencias segue nalgún lugar presente á hora de entender a sexualidade e outro tipos de identidades sexuais.

-Con que proxectos anda?

-Molaríame volver a dirixir pero sen présa. Como actor, pronto se estrea «La tregua», de Miguel Ángel Vivas, na que actuei e que presenta unha historia sobre un campo de concentración soviético.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents