Esther Estévez Casado e Miguel Anxo Seixas, premios Lois Peña Novo
A Asesoría Xurídica da Deputación de Pontevedra é outra das galardonadas | Estes galardóns destacan o traballo pola defensa do galego
A xornalista de TVG Esther Estévez Casado, o historiador Miguel Anxo Seixas e a Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo son os gañadores dos XXIX Premios Peña Novo. Estes galardóns son concedidos anualmente pola fundación homónima co obxectivo de recoñecer o labor de persoas, entidades e empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas.
O xurado destacou á xornalista Esther Estévez Casado polo seu firme compromiso coa promoción e normalización da lingua galega, destacando como presentadora do espazo «Dígocho eu», un proxecto innovador, de formato breve, que combina pedagoxía e creatividade para achegar a lingua galega ás novas xeracións dun xeito atractivo e actual e que se emite regularmente acadando unha enorme repercusión nas redes sociais, converténdose nun referente comunicativo. O xurado valora especialmente a súa capacidade para conectar coa xuventude, trasladando contidos lingüísticos de forma lúdica e accesible, promovendo un sentimento de orgullo e pertenza arredor da lingua galega.
Pola súa banda, Miguel Anxo Seixas, doutor en Historia da Arte Moderna e Contemporánea e un dos máis destacados investigadores da intelectualidade galega. O seu traballo académico e divulgativo salienta especialmente pola profunda dedicación á figura de Castelao, símbolo esencial da identidade nacional galega. A súa traxectoria investigadora culminou no ano 2017 coa defensa da súa tese doutoral «Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación», considerada a biografía máis completa e rigorosa publicada ata o momento sobre o insigne galeguista. Salienta o xurado o seu compromiso coa promoción da lingua e identidade do país, así como coa recuperación de figuras clave da nosa historia e pensamento o que o converte, sen lugar a dúbidas, nun dos nomes imprescindibles do noso panorama intelectual.
A Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo é unha iniciativa que está a impulsar unha galeguización integral na práctica xurídica dunha institución pública, unha aposta decidida pola lingua propia que se está a converter nun referente para outras administracións públicas, colexios profesionais e asociacións de letrados. O xurado destaca o carácter innovador desta aposta que racha coa tradición desgaleguizadora do ámbito xurídico.
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- Hallan en el pantano de Portodemouros el cadáver del vecino de Arnego desaparecido el sábado
- Soy guía turístico en Galicia desde hace 10 años y estos son los lugares más bonitos que he visitado: «Poca gente los conoce»
- Vigo prende San Juan: todas las hogueras, fiestas y sardinadas de 2025
- William Arias, médico, advierte: esto que tomas a diario en España dispara el riesgo de hígado graso
- El Celta ficha a Jutglá por algo más de 5 millones
- Cuando la 'wedding planner' es la madre de la novia: boda con alma gallega en Ourense
- Este es el restaurante gallego que ha conquistado a la reina Sofía en su última visita Galicia: comida casera junto al río