Elba Pedrosa vence o Premio aRi[t]mar á Mellor Poesía do Ano 2024 en Galicia

O poema gañador é «Onde imos agora», do poemario «Des a mar»

Elba Pedrosa. |  FdV

Elba Pedrosa. | FdV

Vigo

O poema «Onde imos agora» («Des a mar», Edicóns Embora), de Elba Pedrosa, foi o mellor do año 2024 en Galicia, e «Não sei voar mas tenho» («Matar os dinossauros», Cordel d’ Prata), de Cátia Cardoso, o mellor en Portugal, según a votación popular da gala aRi[t]mar. Ambos os dous podios complétanos, por Galicia, María Lado con «Facer o mel» e Neves Rodríguez con «Descendo a rolos»; e no caso portugués, Ricardo Gil Soeiro con «Liçao de Eudemonia» e Filipa Leal con «Arreigada».

Pedrosa e Cardoso teñen en común seren mulleres, poetas e vencedoras do premio á mellor poesía do ano 2024 nos seus respectivos países. Mais, lonxe de se conformaren como autoras dun bloque limitado polo prexuízo temático do feminino, ambas mostran a diversidade que as voces das mulleres veñen achegando á poesía nos últimos anos en Galicia e Portugal, o cal non fai con que os mundos das poesías vencedoras non sexan complementarios nin teñan puntos en común. Pedrosa lanza a grande pregunta de se realmente aprendemos algo ou só vivimos a remexer na lama da guerra e permanecemos na familiaridade que nos proporciona a pólvora da nosa memoria, e Cardoso responde co azar e a falta de lóxica que só a un mundo en conflito constante pode gobernar. A condición humana é, polo si ou polo non, unha condición contraditoria que ben podería estar a xerar unha tensión poética entre as dúas pezas vencedoras deste premio.

Tracking Pixel Contents