DÍA DAS LETRAS GALEGAS
As rúas de Santiago énchense en defensa da lingua: «Teremos futuro en galego»
Queremos Galego, plataforma convocante, inicia un proceso para estudar como fomentar o idioma en distintos ámbitos

Miles de persoas toman as rúas de Santiago en defensa do galego /
Belén Teiga
Gaitas, pandeiretas e cantos en defensa do galego. Esa foi a banda sonora que inundou este sábado ao mediodía as rúas de Santiago de Compostela, onde miles de persoas participaron na mobilización con motivo do Día das Letras Galegas, que como cada ano ten lugar o 17 de maio, que este ano tiña como lema Lingua Vital Xa!
«Galiza ten futuro en galego» e «Na rúa e na escola, galego a todas horas» foron algúns dos cánticos máis repetidos durante unha multitudinaria manifestación que partiu entorno ás 12.10 horas da Alameda compostelana. «Veño todos os anos, pero sinto que este a situación é distinta, que hai máis conciencia, polo menos nunha parte da sociedade, e que é máis preciso ca nunca defender o galego», sinalou Andrés, veciño de Pontevedra.
No percorrido polas rúas, que este ano foi diferente ao habitual –pasou pola avenida de Figueroa, San Clemente, a travesa de Fonseca e O Franco–, escoitáronse tamén referencias constantes ás cantareiras, as homenaxeadas deste ano, con cánticos como «eu quero ser cantareira, eu quero ser pandereteira». «As pandeiretas están este ano a facer aínda máis ruido. É moi bonito ver á cativada brincando con elas», declarou Carla, afincada dende hai seis anos na capital galega, mentres que as ferreñas soaban de fondo.

Antonio Hernández
A Praza do Obradoiro, punto onde finalizaba a mobilización, converteuse no escenario dunha «gran foliada» . Tamén nela se colaron cantos en contra do proxecto da celulosa que a empresa lusa Altri quere implantar na localidade lucense de Palas de Rei.
Nela estiveron presentes, entre outras persoas, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; a secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez; a secretaria de Organización do Movemento Sumar Galicia, Gloria Alonso; e diferentes sindicatos, colectivos culturais e sociais.
«Hai que tomar as rendas do galego»
«Esta é unha xornada histórica e decisiva para comenzar a reverter a situación da lingua galega», sinalou Marcos Maceiras, portavoz de Queremos Galego, plataforma convocante da mobilización, antes de que esta dera inicio. Maceiras instou aos presentes a «tomar as rendas do galego», ao tempo que anunciou o inicio do proceso Lingua Vital , que «será plural, participativo e aberto». «Nel as entidades sociais galegas que foron excluídas do proceso da Xunta -en referencia ao pacto pola lingua que están desenvolvendo- decidirán cales son aquelas cousas que fan falta en cada ámbito. Queremos que se cumpran todos os acordos que se foron tomando», explicou.
O portavoz de Queremos Galego dirixouse tamén ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurando que o galego «está vivo a pesar da Xunta». «Se aínda non foi capaz de derrotalo, como uste reclamaba naquela manifestación infame contra o galego –en referencia á mobilización de febreiro de 2009 convocada polo colectivo Galicia Bilingüe, un colectivo que consideraba que había unha imposición do galego–, é porque hai un pobo que o sostén, que se organiza e dálle o osíxeno que lle negais», aclamou.
Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, espera que «ese orgullo que vimos reivindicado en todas as cantareiras siga sendo unha base sobre a que construamos o noso futuro». «Pedimos ao Partido Popular que deixe de estar en contra do galego e que deixe de estar traballando en contra da lingua propia do país», aseverou.
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Ni Tui ni Baiona: este es el pueblo más bonito de la provincia de Pontevedra según la revista Viajar
- La portavoz del PSOE de Mos, Victoria Alonso, renuncia a su acta de concejala
- La playa de arena negra más bonita de España está en Galicia: custodiada por un barco naufragado y en una aldea con solo dos habitantes
- Habla la embarazada que se fugó de Asturias para que no le quiten el bebé: 'Mañana me provocan el parto, volveré para el juicio
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- Contactos entre las Fuerzas Armadas e ingenieros españoles especialistas en análisis de amenaza electrónica rusa
- El histórico pesquero «Capricorn» desvela su precio