Día das Letras Galegas: os nomes propios da nosa lingua desde 1963

Este 2025 a RAG homenaxea as cantareiras e a poesía popular, as últimas dun listado de 62 protagonistas da nosa literatura

A Real Academia Galega escolleu homenaxear este 2025 as cantareiras e a poesía popular oral. É o segundo recoñecemento colectivo da súa historia, despois do dedicado aos trobadores da ría de Vigo en 1998.

A distinción deste ano personalízase en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Todas elas enxalzadas como mulleres baluarte da lingua e da cultura popular, transmitida a través de cantigas e bailes. Hoxe tamén se honra ás labores de recollida de cantos polas vilas e aldeas, un traballo que os mantivo vivos.

Desde 1963

O Día das Letras Galegas distinguiu ata hoxe un total de sesenta e dous protagonistas da nosa literatura nun listado que inaugurou en 1963 Rosalía de Castro. A data, o 17 de maio, conmemora a publicación do primeiro exemplar en Vigo de «Cantares gallegos», obra da poetisa de Padrón.

Tracking Pixel Contents