Unha obra de Paula Carballeira inaugura os audiolibros de Galaxia
Trata sobre Castelao neno antes de ir á Arxentina | Custa menos de 10 euros
REDACCIÓN
A Editorial Galaxia vén de inaugurar a súa colección de audiolibros. As obras escollidas para esta línea son «Daniel no peirao», de Paula Carballeira; «Ícaras», de Carlos Labraña; «Hermilindo esbirra poemas», de Paula Señarís.
A presentación da iniciativa tivo lugar esta semana. O fin é facilitar a posibilidade de escoitar estes libros para que a súa literatura chegue a máis espazos e persoas, segundo sinala a editorial nunha nota de prensa.
Sobre «Daniel no peirao», de Carballeira (Premio Nacional de Literatura Dramática), a obra preséntanos a un neno, Daniel, que vive en Rianxo e dentrou de pouco emigrará á Arxentina. Antes de subir ao barco, ten un reto que cumprir e que está relacionado cun feitizo. Daniel non o sabe pero, de maior, e mesmo despois de morto será un referente no seu país, Galicia, e mesmo máis alá. El será Castelao. O libro pódese adquirir por 9,99 euros.
En canto a «Ícaras», a protagonista é Lía, que garda un segredo. A súa nai preparoulle unhas ás de cores pero sen ensinarlle a voar. Un día o seu camiño vaise cruzar co dunha estudante universitaria chamada Ana que nin ten ás.
Por último, «Hermilindo esbirra poemas» sitúanos nun mundo metálico e mecánico onde está prohibido pronunciar palabras bonitas. Nel, Hermilindo vive nun segredo: Esbirra versos do seu corpo de latón.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Entrega del bote de 'Pasapalabra': Antena 3 modifica así el horario del esperado momento
- ¿Qué pudo pasar en la cirugía de Carmen, la mujer que quedó parapléjica tras operarse la rodilla en Ourense?
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Chicote rueda su 'batalla' de restaurantes en Cangas
- Un bebé con una enfermedad rara e incurable logra salvarse tras recibir una terapia de edición genética creada para él: 'Es un milagro científico