Feijoo recupera o primeiro asasino en serie galego no seu novo libro
Para empaparse da historia, que publica o día 15, leva vivindo un ano en Rebordechao, a aldea ourensá de Romasanta, o sacaúntos

Fran Alonso e Pedro Feijoo, no encontro con bookinstagrammers en Vigo. | José Lores

A aldea ourensá de Rebordechao atópase na comarca da Limia e se procuramos na Wikipedia datos da súa historia encontramos que alí viviu durante un tempo Manuel Blanco Romasanta o sacaúntos, que está considerado como o primeiro asasino en serie galego e quizais tamén da historia negra do Estado español. O escritor vigués Pedro Feijoo recupera este personaxe do século XIX como gancho na súa nova novela, «Onde nacen as bestas», para entecruzalo con outros contemporáneos.
O autor falou onte da figura de Romasanta na presentación do libro, a primeira, ante bookinstagrammers procedentes de diferentes puntos de Galicia, convidados pola editorial Xerais. No encontro distendido no Vitruvia Café de Vigo, Pedro Feijoo lembrou que o xuízo ao que someteron a Romasanta polos asasinatos cometidos –máis dunha ducia– foi seguido mesmo por xornais estranxeiros como o «Times» que chegou a dar unha páxina á semana.
O autor indicou que a historia deste asasino foi abordada «parcialmente. A súa historia en plenitude nunca se acabou de contar». O libro, do que FARO adiantou en exclusiva un capítulo o pasado domingo, comeza de feito con este personaxe inda que posteriormente a trama vira cara outras xentes e tempos.
Para preparar a novela, Feijoo empregou ao redor dun ano no que viviu na propia aldea de Rebordechao (Ourense) de onde procedían as súas vítimas. Ao respecto da aldea Feijoo sinalou que «é un lugar tan impresionante –xunto á serra de San Mamede– que che pasa por riba».
En Rebordechao, estivo a vivir como un veciño máis, segundo contou. Relatou que chegou acompañado por compañeiros do grupo Lamatumbá –do que el formou parte– e que pronto comezou a coñecer os códigos sociais da aldea: tomar o café sobre as tres ou tres e media da tarde; e beber unha cerveciña cara as nove para compartir as impresións do día na veciñanza; ademais de integrar un círculo de atención co que asegurarse cada día de que toda a xente da zona se atopa ben.
«Os veciños acolléronme de marabilla», confesou o escritor que, inda que rematou o libro, segue a vivir alí. «Teño varias ofertas para comprar casa», comentou cun sorriso o autor.
Dos cidadáns cos que comparte café e contos, destacou conversas e risos. Así, soubemos por el de Concha, María Jesús, Flora, Felisindo, Catalina (que lle preguntou se podía dicir misa xa que non teñen cura) ou Jesús. Este último, sen pretendelo, deulle nun paseo polo momento o título dun capítulo do libro: «Nada é máis grande que a montaña que nos ampara».
Mais Pedro Feijoo e o director de Xerais, Fran Alonso –presente tamén no encontro– lembraron que no libro aparecen personaxes reais de hoxe en día (chiscadelas que Feijoo realiza en cada unha das súas obras) como Fernando Serrulla, antopólogo forense e dono da casa onde mora agora Feijoo na aldea; os bibliotecarios de Verín e algúns axentes da zona que o axudaron con asesoramento. Grazas a estes últimos incluso probou o que é estar nun calabozo pechado ademais de rematar cunha ‘ficha policial’.
Indicou o escritor que a documentación sempre é clave na elaboración das súas novelas e, nesta, vivir na aldea axudoulle a que a xente lectora «se namore» do lugar.
Pedro Feijoo agradeceu aos instagrammers que acudiran ao encontro e aventurou: «Se non vos gusta esta novela, comprométome a papar o libro enteiro, páxina a páxina... e son moitas páxinas de Deus» ante o que unha asistente sinalou: «Perdoámoste a vida», o que ergueu gargalladas entre os presentes.
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Expulsan de un colegio de Vigo a un niño de Infantil por su agresividad
- Bares de Vigo reclaman a los clientes que «no tomen solo café» para reservar mesas para ver fútbol
- Rescatan a dos tripulantes de un pesquero tras arder y hundirse en la costa de Muros
- Dueños de pisos protegidos de Vigo piden hasta 75.000 euros en negro a los compradores
- La justicia archiva la denuncia por el caso del perro arrastrado por el Corredor do Morrazo
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros