Bragado recolle o Follas Novas con duras verbas contra a Xunta
O vigués acúsaa de «arruinar» a edición educativa en galego e pide derogar o Decreto para o Plurilingüismo por ser un «fracaso»

Manuel Bragado, co seu galardón, na gala dos Premios Follas Novas en Compostela. | Moncho Fuentes
M. M.
Manolo Bragado é un dos referentes da edición en galego. Onte, recollía o Premio Follas Novas AGE de edición nunha gala en Compostela conducida polo actor Xosé Barato. Nela, criticou que despois de 19 anos da aprobación da Lei do Libro continúe pendente a elaboración dun Plan de Lectura. «A iniciativa presentada hai uns días Lemos +non é un plan de lectura; non pon no centro unha maior lectura en galego, reducida a cifras de escándalo como o 8% das librarías e o 3% dos fogares».
Para Bragado é «unha vergonza» que a Xunta non presentase unha avaliación de resultados do Decreto para o Plurilingüismo. «De facelo, levaríaa á súa derogación polo seu fracaso», subliñou. «Foi un modelo que arruinou a nosa edición educativa», agregou.
Alén da denuncia, agradeceu á directiva da AGE o recoñecemento: «Estou retirado e entendo que é un premio tamén para o equipo de Xerais que dirixín durante 24 anos nos que publicamos máis de 3.000 referencias».
Lembrou que ao entrar en Xerais pensaba facer «unha paréntese» na súa etapa educativa co fin de colaborar na «profesionalización» do libro en galego «nos eixos dunha normalización lingüística e cultural que despois de catro décadas inda non acadamos».
Reflexionou en alto que «a industrial editorial en galego é unha fantasía en curso pola que paga a pena apostar».
Para Bragado, a convocatoria dos premios Follas Novas apoiados polos editores, escritores e libreiros non é unha nimiedade. Supón «un gran paso adiante na consolidación dun sector profesional que goza dunha mala saúde de ferro» a pesar de sufrir «políticas públicas regresivas e desamparo institucional».
Inda así o mestre e editor xa retirado resaltou que en ambos os dous edificios o fundamental é «acompañar» nas fases emocionais da escrita pero tamén na comunicación dos textos. «Aprendín nestes 40 anos que require unha escoita activa», engadiu. «Os editores debemos respetar os ritmos emocionais de autores e autoras», sinalou.
«A lectura –agregou– non é unha afección nin unha predisposición; é algo que nos singulariza como cidadáns».
Na gala tamén se entregaron outros galardóns. A coidada prosa unida á paisaxe dos cantís de Valdoviño e ao transo do personaxe de Abril Andrade cun cancro moi ameazante en «A noite das cebolas» (Xerais) converxeron para que onte a escritora e xornalista Rosa Aneiros gañara o galardón á mellor obra narrativa do ano dos Follas Novas.
Se en «A noite das cebolas» o público lector atravesa varias perdas dos personaxes, o dó –pola nai– tamén vertebra «Os pozos elegantes das clavículas» (Editora Alvarellos), o libro da viguesa María Álvarez Landesa que gañou o premio Follas Novas ao mellor poemario.
Xa en teatro, Paula Carb alleira –Premio Nacional de Literatura Dramática– fíxose co premio ao mellor libro desta categoría con «Ubasute».
Por outra parte, Antonio Manuel Fraga asinou o galardón á obra infantil con «Como escorrentar un lobo»; Lois Pérez gañou con «Cartas na escuridade» o premio á mellor obra xuvenil; «Papóns», de Sandra Lodi, o mellor libro ilustrado; «Presas fáciles. Voitres», de Miguelanxo Prado, o mellor libro de banda deseñada; e «Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina» fíxose co premio á iniciativa bibliográfica.
Otros galardóns recaeron en «O libro das abellas» (mellor edición) e no Culturgal (promoción da lectura). A maiores, entregaron o premio AELG Escritora Galega Universal a Shahd Wadi e un recoñecemento a Rafael Silva por crear no 1971 a libraría Follas Novas en Compostela.
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Luis Zahera defrauda en A Sementeira de Corzáns
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- La UCO escuchó al patrón de Villacarrillo 'recreando' el momento en que mató al temporero: 'Ven, que no te vas a enterar. Id preparando los curas
- Las «burras» se estrenan en redes
- La justicia archiva la denuncia por el caso del perro arrastrado por el Corredor do Morrazo
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- La Ciaim calcula que 19 de los 24 tripulantes del «Pitanxo» tenían COVID
Santander impulsa la proyección europea de las pymes españolas con una expedición empresarial a Bruselas

1.717 empresas optan al Premio Pyme del Año de Banco Santander y Cámara de España

