O poeta galego Rodríguez Fer, premio Babel na Universidade de Texas
REDACCIÓN
O poeta galego Claudio Rodríguez Fer, que dirixe a Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela, vén de ser galardoado co Premio Babel de Literatura 2025 da Universidade de Texas.
A institución entrega cada ano este galardón para honrar autores destacados na literatura e que tecen pontes entre diferentes linguas.
Instaurouse no ano 2021 cando se lle outorgou á italiana Rosalba Fantistico di Kastron. No 2022, a persoa recoñecida foi Eqerem Gaxholli (francoalbanesa); mentres que no 2023 recaeu en Tatyana Apraksina (Rusia). Para o 2024, elixiron a Kooseul Kim, de Corea do Sur. Polo tanto, é a primeira vez que unha autora ou autor do Estado Español resulta agraciado con esta distinción.
O Premio Babel recoñece individuos cuxo diálogo literario a través das linguas e das culturas, resalta a asociación Mundus Artium Press, encargada de elixir as persoas premiadas.
Dende alí, resaltan que Claudio Rodríguez Fer fíxose co Premio da Crítica Nacional de España ademais de recibir o doutoramento honoris causa pola Universidade da Alta Bretaña. Comprenden que o seu discurso literario global a través da súa poesía, clases (impartiu aulas na propia Universidade de Texas entre outros lugares do estranxeiro) e publicacións multilingüísticos.
Claudio Rodríguez Fer, “voz destacada da literatura de vangarda”, é un escritor galego traducido a numerosos idiomas (castelán, portugués, inglés, francés, alemán, italiano, grego, romanés, ruso, árabe, bretón, esperanto, etc.) e o seu poema “A cabeleira” está traducido a máis de oitenta idiomas dos cinco continentes.
Entre outras distincións que posúe atópase tamén a Medalla Eminescu en Romanía ou a de Cunqueiriano de Honra en Galicia. Fer foi catedrático de ensinanza media en Galicia e profesor das Universidades da Cidade de Nova York, da Alta Bretaña, da Bretaña Sur e de Santiago de Compostela, onde se ocupa de Moenia.
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- Un servicio de bus gratuito llega mañana con 20 líneas diarias y más de 30 paradas
- El «making of» del bollo de Paradela
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Así lucirán los locales comerciales de la Porta do Sol de Vigo: fachada integrada con el espacio, iluminación ornamental y punto informativo
- Un accidente en los túneles de A Madroa bloquea el acceso a Vigo por la AP-9 y atasca Rande
- Desalojan a 27 personas sin hogar y tapian la antigua nave de Pescanova en Vigo
- El Sergas invita a habitantes del área de Vigo a participar en el proyecto Xenoma Galicia