Víctor F. Freixanes finaliza a súa etapa como presidente da Real Academia Galega
Ábrese agora un período de tres meses no que deberá escollerse unha nova Comisión Executiva

Víctor F. Freixanes posa na facultade de Ciencias da Comunicación da USC. / Xoán Álvarez
Alberto Rivera
A Real Academia Galega vén de anunciar que o seu presidente, Víctor F. Freixanes, deu por concluída a súa etapa como presidente da institución das letras galegas tras completar oito anos á fronte da mesma.
O académico formalizou na tarde deste venres o peche do seu segundo mandato ante os membros do Plenario na xuntanza ordinaria que se celebrou no pazo de María Pita.
Unha vez dádo este paso, comeza agora o proceso que conducirá á elección da nova comisión executiva da Academia, que celebrará os 125 anos de vida o vindeiro 2026.
A secretaria da RAG, Margarita Ledo Andión, ocupará interinamente a presidencia da Academia, e será a ela a quen lle corresponderá poñer en marcha o proceso electoral para escoller o novo camiño. Os estatutos da Academia establecen que a nova executiva deberá estar escollida nun período inferior a tres meses.

Pleno ordinario da RAG no pazo de María Pita no que Freixanes deu por finalizado o seu mandato. / RAG
Ábrese agora un prazo de presentación de candidaturas á presidencia onde será necesario que tres membros de número da institución avalíen a candidatura. Quen decida presentarse terá ata 48 horas antes da data que se fixe para o pleno extraordinario de elección.
Víctor F. Freixanes
Nado o 24 de agosto de 1951, Víctor F. Freixanes é un xornalista, editor e escritor que presidía a institución desde o ano 2017, cando sucedeu a Xesús Alonso Montero. Freixanes ingresou na RAG en febreiro de 2004 co discurso Desafíos para un novo século. Entre a Trabe de Ouro e a Paxariña de Armenteira, pasando a ocupar a cadeira que deixou baleira o escritor Carlos Casares.
Foi o cuarto presidente da Real Academia no século XXI, posto que ocuparon anteriormente Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xosé Luís Méndez Ferrín e o citado Alonso Montero. Durante os seus dous mandatos, a institución afronta a reforma da súa sede na rúa Tabernas da Coruña, feito polo que tivo que desprazarse temporalmente ao polígono de Pocomaco, ademais de enfrontarse a un dos momentos máis duros da situación da lingua en Galicia tras indicar o IGE que o galego se sitúa por detrás do castelán en número de falantes.
Fuente: La Opinión A Coruña
- «Premios» contra el absentismo: la industria gallega pacta pluses de 2 euros al día o 700 al año por no faltar al trabajo
- Rescatan a un niño de 5 años que se estaba ahogando en una piscina del balneario de Mondariz
- Vecinos de Ons paralizan los primeros desembarcos del día en protesta por no poder celebrar su fiesta
- Estabilizado el incendio en Moaña junto a la Autovía do Morrazo, en cuya extinción participan dos avionetas, un helicóptero y numerosos medios terrestres
- Cangas multará de forma directa y sin actuar subsidiariamente a los propietarios de fincas sin limpiar que sean reincidentes
- Paco y Carmen, el matrimonio centenario de Nigrán que murió en unos días
- De una valla de ocho metros al «sí, quiero»: Patricia y Rubén ya son marido y mujer
- Tres centenarios al mes pasan por los quirófanos del Chuvi, nueve veces más que hace una década
