Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fillas de Cassandra lanza novo disco nunha semana: «Hibernarse»

Trátase dun proxecto híbrido e multiformato que irán debullando cada sete días ata abril

Fillas de Cassandra.

Fillas de Cassandra. / Jose Lores

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mar Mato

Mar Mato

Vigo

O vindeiro xoves 20 de marzo é a data riscada no calendario para coñecer o novo material discográfico do exitoso dúo Fillas de Cassandra. Nese día, revelarán ás 00.00 horas a primeira peza do seu novo álbum, «Hibernarse». Será nas principais plataformas dixitais.

As viguesas María SOA e Sara Faro prometen ofrecer un proxecto singular: híbrido e multiformato. Cada sete días, prometen ir debullando cada semana as pezas do álbum ata o 10 de abril.

Nunha nota de prensa, sinalan que o primeiro avance levará o nome do traballo discográfico. Despois, irán desvelando as propostas artísticas.

Sinalan que neste novo proxecto reflexionan «sobre o concepto do tempo e a súa construción social a través dun proxecto híbrido e singular, nun chamado á pausa necesaria que esixen os procesos creativos e artesanais».

Engaden que comezan «a busca dun novo traxe» para lanzar un convite: «construír a man e fiar peza a peza, o universo ‘Hibernarse’, un traballo conceptual».

Fillas de Cassandra converteuse co seu primeiro disco «Acrópole» nunha revolución, nun dos proxectos musicais máis relevantes de Galicia na actualidade cun chimpo mesmo fóra da comunidade. A principios deste ano, actuaban con Rodrigo Cuevas para celebrar o X aniversario da declaración do Patrimonio da Humanidade dos Camiños de Santiago do Norte Peninsular.

TEMAS

Tracking Pixel Contents