Galaxia: outra maneira de contar 75 anos de Galicia
A editora celebra o aniversario coa mostra «Crear porvir», que chegará a Vigo no mes de decembro

Henrique Monteagudo e Xosé Manuel Soutullo, en «Crear porvir», en Santiago / Xoán Álvarez

O primeiro libro que saíu do prelo de Editorial Galaxia, en 1951, foi «Antífona da cantiga», de Ramón Cabanillas, moi actual nun ano en que as Letras homenaxean ás cantareiras e á tradición oral pois é unha antoloxía do cancioneiro popular. Dende aquela, a editora sumou preto de 3.500 títulos de 1.500 autores que constitúen «case unha historia da literatura galega» por si mesmos, como asegurou onte Henrique Monteagudo, director de Grial, na presentación de «Crear porvir. 75 aniversario editorial Galaxia», que se acaba de inaugurar en Santiago, na sede de Afundación, non moi lonxe do otel no que o 25 de xullo de 1950 se constituiu legamente como Editorial Galaxia, como primeira parada dun percorrido que a levará polas outras seis cidades galegas e que terá en Vigo, entre decembro deste ano e xaneiro do vindeiro, a súa última parada.
Entre eses creadores, moitos dos cales engordaron as nóminas dos Premios Nacionais literarios, como Paula Carballeira, en Literatura Dramática, por “As alumnas” (2023), Marilar Aleixandre, en Narrativa, por “As malas mulleres”(2022), ou Xesús Fraga, por “Virtudes (e misterios)” (2021) por só citar as tres últimas incorporacións a esa nómina de galardoados, aparecen desde Castelao, outro dos grandes protagonistas deste ano en Galicia, a Domingo Villar, que se estreou en 2006 no seu prelo con «Ollos de auga», pero tamén Álvaro Cunqueiro, autor do primeiro libro en galego do seu autor trala Guerra Civil; Ramón Otero Pedrayo, autor do primeiro “best seller” da casa, “Guía de Galicia”; Celso Emilio Ferreiro coa súa “Longa noite de pedra”; Ricardo Carballo Calero, coa “Gramática elemental del gallego común”.
Pero a mostra que se poderá visitar ata o día 29 de marzo na capital galega, antes de viaxar a Lugo, non quere ser “un catálogo de Galaxia”, como advertiu onte Monteagudo, un dos seus comisarios, e o labor da empresa, que se constituiu como tal para burlar as restricións de asamblea do franquismo, vai máis aló. Segundo o seu director, Xosé Manuel Soutullo, é «fundamental» para entender a cultura galega dos últimos 75 anos. A mostra responde a pergunta de «cal foi o significado de Galaxia en todos estes anos na cultura galega», explicou Monteagudo, para quen o proxecto soubo por unha banda recoller un «legado», pero tamén abrir camiños. Ao seu parecer, o título da exposición sintetiza o espírito da exposición e do labor da Editorial Galaxia. Ao respecto, asegurou que a Editorial Galaxia é unha empresa “cultural que colleu o facho da cultura galega de antes da guera que se estaba a apagar, a extinguir pola represión, e o transmitiu ás novas xeracións”.
A proxección exterior da cultura galega e a LIX
Na exposición incídese tamén no traballo da editora, que inviste os beneficios na editorial, na proxección da cultura galega coas traducións e a relevancia que lle concede á literatura infantil e xuvenil (LIX). Do primeiro deses aspectos ocupouse o catedrático de Filoloxía e Tradución da Uvigo, Xosé Manuel Dasilva, quen destacou como Galaxia non só levara talento fóra, senón que tamén serviu para importar ao galego autores clásicos. O segundo ámbito, o da LIX, estivo baixo a responsabilide de Malores Villanueva, quen lembrou a Carlos Casares, unha de cuxas obras bautizou a rede de garderías “A galiña azul”, e quen defendeu que “a infancia é clave, e hoxe máis, para construír ese porvir”.

Malores Villanueva, Xosé Manuel Soutullo e Xosé Manuel Dasilva. / Xoán Álvarez
A mostra, que se inaugurou onte coa presenza do conselleiro de Cultura, José López Campos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e numerosas personalidades da creación e da edición galega na sede de Afundación en Santiago, terá unha versión virtual para chegar a todos os recantos da comunidade, indicou Soutullo.
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- La concesionaria del Cunqueiro cierra por primera vez el año con números rojos
- «Hemos visitado colegios y sorprende que niños de primaria no sepan identificar un pez tan característico y gallego como el rape»
- El Concello de Vigo prohíbe la pantalla de la Diputación en Praza da Estrela para ver el España-Bélgica y Luisa Sánchez lo achaca al «sectarismo» del alcalde
- La Guardia Civil confirma que la mujer de A Portela, en Bueu, llevaba tres semanas muerta en su casa
- Condenan al Sergas por la extirpación «a ciegas» del útero a una joven de 33 años en Vigo
- Borja Iglesias: «Tras mi debut en el Mundial, Claudio me hizo llorar con su mensaje»
- Detenido un conocido estafador venezolano por un intento de fraude a una empresa de Moaña