Xustiza para o avó da bioquímica galega
Fernando Calvet foi un dos profesores depurados da Universidade de Santiago na Guerra Civil: encarceárono en Tui e expulsárono da USC. En Zeltia, traballou pola bioquímica galega ao desenvolver menciñas, vacinas e pesticidas. Neste 2025, será o Científico Galego do Ano.

O químico Fernando Calvet. / Real Academia Galega de Ciencias

A empresa Zeltia –avoa da actual Pharmamar e Zendal– foi unha compañía bioquímica nacida no 1939 do Instituto Miguel Servet, creado en Vigo e cuxa fachada inda conserva o Instituto Municipal de Educación en Coia. En ambos, traballou desenvolvendo medicinas, vacinas, pesticidas e funxicidas Fernando Calvet, un catalán formado nas universidades de Barcelona e Oxford que logrou a cátedra de Química na de Santiago.
A súa actitude convenceu aos estudiantes. Recolle Ricardo Gurriarán nun artigo para o Consello da Cultura Galega como o alumnado gustaba da súa cercanía, dos tés e excursións que organizaba, de como potenciou o deporte –especialmente o rugbi– para que os alumnos estiveran contentos e rendesen máis.
A historia dun profesor diferente
Inimigo da chaqueta e da garavata mais amigo dos xerseis de cores chamativas, animou dende o respeto a participación das mulleres na docencia universitaria ao tempo que puxo en marcha o laboratorio químico na universidade compostelá para levar a investigación a unha cota que antes non alcanzara a institución.

Calvet é o Científico Galego do Ano. / Real Academia Galega de Ciencias
Defensor aberto do catalanismo, participante do Consello Galego de Galeuzca (vínculo das formacións políticas nacionalistas de Galicia, Euskadi e Catalunya) e defensor de Galicia como unha nación que merecía un Estatuto de Autonomía, os golpistas do 1936 non lle perdoaron este compromiso político e social.
Formado con premios Nobel
Nun primeiro momento, optou por un autoexilio no estranxeiro para ampliar a formación en Estocolmo aprendendo co Premio Nobel Von Euler e despois dando aulas en Edimburgo. No ano 1938, viaxou ata Portugal para intentar entrar en Galicia.
Relata Gurriarán que «negociou» coas autoridades franquistas no exterior non ser axusticiado. Non podemos esquecer que antes de marchar a Estocolmo el coincidira no Instituto Miguel Servet de Vigo –do que era director técnico– co galeguista Ramón Obella Vidal e o farmacéutico Francisco Ruvira, máis Alexandre Bóveda (contable da empresa e que foi asasinado polos franquistas).
Represaliado: no cárcere de Tui
A pesar das promesas que lle fixeron, Calvet acabou na prisión de Tui durante un tempo curto. Imaxínanse como se atoparían vostedes na súa situación, sendo unha eminencia científica pero coa prohibición de desempeñar o seu traballo?
Para seguir adiante, Calvet solicitou a Obella Vidal –quen librara do cárcere ou dun paseo polos seus contactos– entrar no seu novo proxecto empresarial tras deixar o Instituto Servet vigués. A empresa levaría o nome de Zeltia e nela, ademais deles dous, os irmáns Fernández López (deles, Xosé sería o fundador despois de Pescanova).
Un dos impulsores de Zeltia
Desde Zeltia, desenvolverían medicinas, vacinas, vitaminas, pesticidas e funxicidas para os cultivos agrícolas.
Xa no ano 1944, Calvet logrou que as autoridades aceptasen o seu regreso á docencia. Primeiro, na Universidade de Salamanca; despois, na de Barcelona, onde morreu no 1988.
A Real Academia Galega de Ciencias acordou onte elixilo Científico Galego do Ano por modernizar a química orgánica en Galicia, iniciar a investigación química moderna na Universidade de Santiago e pola aplicación práctica á industria como pioneiro. A película "Os fillos do sol" conta a súa vida.
- Una tuerca mal apretada inunda un piso recién estrenado en Vigo: la negligencia salió cara
- Muere una mujer en Vigo tras desplomarse en la calle Elduayen
- «Apoyamos el trazado de la A-52 sin dudar y con conocimiento de causa»
- Iberia deberá pagar 10.000 euros a una pasajera a la que apresuró y se lesionó en un vuelo Madrid-Santiago
- Parece Japón pero está en Galicia: el paraíso termal al aire libre que te trasportará al país asiático en una experiencia única
- Las cámaras de una peluquería de Vigo graban a una mujer reincidente robando la hucha de las propinas
- Liberan entradas para uno de los grandes conciertos internacionales del año en Vigo tras meses agotadas
- Antonio Granero, padre de uno de los detenidos por el crimen de la educadora: 'Es una locura que les permitieran regresar al piso