«Quedamos tristes e sós»: Galicia chora a morte de Superpiñeiro

O mítico presentador da Televisión de Galicia faleceu este mércores en Santiago aos 68 anos a causa dun mieloma múltiple

Xosé Manuel Piñeiro, durante la presentación de 'Tequelexou'.

Xosé Manuel Piñeiro, durante la presentación de 'Tequelexou'. / Ricardo Grobas

Galicia espertouse hoxe coa triste nova do falecemento do mítico presentador Xosé Manuel Piñeiro á temperá idade de 68 anos. Desde o presidente Alfonso Rueda ata a líder da oposición Ana Pontón, pasando por múltiples rostros do audiovisual, quixeron dedicarlle unhas últimas palabras ao recoñecido allaricense. 

Foi o programa Galicia por diante, da Radio Galega, quen anunciou en directo e nas redes sociais sobre as 8.55 horas a morte de Piñeiro. Desde ese momento, conxelouse o corazón de centos de miles de persoas. O carisma do ourensán, omnipresente na esfera pública galega, estase notando a través das mensaxes que inúmeros galegos están a publicar.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, lembrou precisamente o «carisma» dun home que «marcou xeracións nunha carreira de éxitos»: «Inesquecible, Superpiñeiro».

A líder da oposición no Parlamento galego, a nacionalista Ana Pontón, tamén foi das primeiras en mostrar ou seu agarimo a Piñeiro: «Todo o cariño e afecto á familia e amizades de Xosé Manuel Piñeiro, un referente da nosa televisión pública co que tantas e tantos medramos». Do mesmo xeito, o propio BNG destacou ou seu comprometimento «coa nosa lingua».

«Lamentamos o pasamento do noso querido Xosé Manuel Piñeiro, presentador icónico da CRTVG desde os seus inicios e figura clave do audiovisual galego», escribiu en Twitter a Academia Galega do Audiovisual, quen tamén trasladou o seu «pesar á súa familia e amigos». 

De volta ao eido político, a Deputacion de Ourense manifestou as súas "condolencias" a «todo un referente na CRTVG e un comunicador inigualable, que sempre fixo gala do seu orgullo de pertencer á provincia de Ourense como veciño de Allariz». 

«Sempre fixo gala do seu orgullo de pertencer á provincia de Ourense como veciño de Allariz»

A xornalista galega Julia Varela, narradora de Eurovisión, quixo lembrar a Superpiñeiro como un «gran amante do festival»: «A radio, a tele e a comunidade eurofan galega están de loito por Xosé Manuel Piñeiro».

«A cultura popular de Galicia está de loito polo pasamento de Xosé Manuel Piñeiro, figura clave para a divulgación do noso repertorio musical na Televisión de Galicia e na Radio Galega», apuntou a SGAE, ao mesmo tempo que mandan «unha forte aperta á súa irmá Marta e demais familia»: «Con el marcha unha personalidade irreemprazable».

A estas horas, continún transmitíndose mostras de agarimo ao tamén profesor e educador que marcou unha época.

Tracking Pixel Contents