Nace un proxecto para mapear as pandeireteiras de Galicia
A iniciativa parte de Somos Pandeireteiras, colectivo integrado por Mercedes Peón
Calquera muller ou grupo de cantareiras que toque o instrumento pode sumarse

Pandeireteiras na Festa da Reconquista de Vigo. / Ricardo Grobas
A Asociación Tocadoras Galegas –nacida do proxecto Somos Pandeireteiras impulsado entre outras pola investigadora e música Mercedes Peón– vén de lanzar unha iniciativa que busca rexistrar e localizar os grupos de pandeireteiras e cantareiras na Galicia.
Para conseguilo, están a difundir polas redes sociais (especialmente polo Instagram @somospandeireteiras) este proxecto de mapeo. «Queremos ter localizadas o maior número de tocadoras de pandeireta posibles. A nosa idea é facer un mapeo de tocadoras e dos grupos espallados ao longo do noso país. Queremos saber cantos son para poñelos no lugar que merecen», sinala Gisela Sanmartín, presidenta da asociación.
Engade que o que procuran « é darlles visibilidade, que se saiba que temos un número grandísimo de mulleres tocadoras no país e non os catro grupos que máis tocan. Tamén queremos visibilizar o traballo de asociacións e mestras porque é unha tarefa enorme».
A idea é poñer os datos a disponibilidade de todas a través da súa web www.somospandeireteiras.gal «de maneira que se alguén quere facer un festival e precisa pandeireteiras pode tocalas alí».
O fin tamén é coñecer as mulleres tocadoras de antes ademais das que se van dar a coñecer polo Día das Letras Galegas. De feito, a asociación tamén está a realizar un rexistro das mestras de pandeireta actuais ou que deron clase.
Con estas iniciativas, o colectivo tamén busca darse a coñecer. Foi a finais do ano 2021 cando Mercedes Peón «chamou a Ana Fernández, Mar de Cerqueda e a min que son de Fene coa idea de facer unha xornada pública en Carballo ao redor das pandeireteiras», rememora Sanmartín.

Vigo, casco vello. Ambiente de Reconquista cunhas pandeireteiras. / Alba Villar
O contido desa xornada será publicado nun libro que e speran que sexa publicado este mes de xaneiro e que recompilará as ideas que foron saíndo. «Chegamos á conclusión de que facía moita falta crear unha asociación de tocadoras porque había un baleiro», engade a directiva do colectivo.
Segundo o seu punto de vista, as principais eivas das pandeireteiras do país é «a pouca visibilidade e importancia que se nos dá. Se tocas outro instrumento é como se tiveras outro nivel pero se tocas a pandeireta é como se estiveras menos valorada. Non só agora senón antes. Este ano van estar en boca de todo o mundo as mulleres cantareiras e pandeireteiras polo Día das Letras Galegas pero ata chegar a esa xornada as mulleres pandeireteiras levan moitos anos creando e mantendo a tradición deste país sen que lles dera nunca importancia. Criamos que era de lei darlles ese espazo e coñecer o traballo que fixeron. Eran mulleres que non sabían nin ler nin escribir e compoñían as súas propias letras. Iso é algo incrible e hai que visibilizalo. Tamén queremos que as que estamos no presente se nos escoite, que se saiba que estamos aquí para abrir camiño ás que veñen detrás».
Suscríbete para seguir leyendo
- Localizan en un albergue de A Coruña a la mujer que se buscaba desde ayer por mar y aire en Rande
- Se busca por mar y aire a una mujer que se arrojó al agua en Rande
- Una okupación eterna: «Es inhumano»
- Los trabajadores gallegos que rechazan un empleo por su «insuficiente salario» se reducen a la mitad en dos años
- Un hombre que orinaba en la calle en Pontevedra permite localizar un foco de venta de droga en el centro histórico
- De antiguo complejo textil a ser el hotel con más encanto de Galicia: un paraíso 'escondido' a cuarenta minutos de Vigo
- El Celta negocia con seis artistas para los conciertos en Balaídos de este verano
- El furor por el Ozempic para adelgazar vacía las farmacias y los gallegos lo buscan en Portugal