A mosense Angie Roa, Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético

Imaxe da obra premiada.
R.S.
«Noa e a cidade sen maxia», de Angie Roa (Mos, 2000), gañou o VI Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais na primavera. O xurado, composto por Miguel Porto, Fernando Llor, Fernando Iglesias e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais, salientou a capacidade de conexión mediante a historia e a estética cos gustos de moito lectorado infantil e xuvenil actual.
A obra combina fantasía e aventura, e narra a historia de Noa, unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia. A rapaza non imaxina, ata que lle é desvelado, que ela provén dunha liñaxe de grandes magos.
Máis alá do atractivo da historia, o xurado destacou o deseño de personaxes, o manexo da cor, así como a utilización dunha estética (próxima ao webtoon coreano) e dun modo de narrar moi contemporáneos.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada