'Cantareira', palabra do ano con chiscadela ás Letras Galegas
O termo acadou o primeiro posto por diante de meu e miña, fala, aparvar(se), dina e emerxencia climática
E. M.
Cantareira é a voz gañadora da votación popular da Palabra do Ano 2024. O termo impúxose sobre meu e miña, fala e aparvar(se), entre outras.
A palabra vencedora "soa a poesía e música, a gana de compartir bos momentos, a voz feminina e colectiva, a lingua propia", indica nunha nota de prensa a Real Academia Galega (RAG), promotora da iniciativa -dende 2014- xunto coa Fundación Barrié a través do Portal das Palabras. Trátase "dunha chamada colectiva a ollar con ilusión cara ao futuro cando está a piques de comezar un novo período de doce meses" nos que se lles vai "render homenaxe ás mulleres que ao longo dos séculos mantiveron vivo, transmitiron e arrequeceron o cancioneiro popular e o idioma do país".
Pois 'cantareira' "designa as protagonistas do Día das Letras Galegas 2025, festa que a RAG dedicará á poesía popular oral e ás mulleres que cantan e crean cantigas", engade a academia da lingua galega. Concretamente, o vindeiro 17 de maio serán recoñecidas Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e tres das cinco Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños), Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar.
A voz cantareira referida á muller que canta cantigas populares acadou o primeiro posto tras conseguir un 25 % dos votos. Detrás, cun 23 %, situouse meu, miña. 'Fala' («lingua natural propia dunha comunidade humana») encaixouse no terceiro lugar, por diante de aparvar(se), «vocábulo tradicional para se referir á preocupación polos efectos do consumo excesivo de contidos nas redes sociais». No quinto chanzo quedou dina, substantivo formado a partir do acrónimo da locución depresión illada en niveis altos, e no sexto, o sintagma nominal emerxencia climática.
As palabras escollidas nas anteriores edicións foron: cibercarracho (2023) comadre (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- «Aos meus pais cáelles o mundo enriba»
- La Guardia Civil pide a toda la población que mire al suelo antes de subir al coche: alerta por lo que está pasando
- Galicia, en alerta este domingo por el temporal: «No arriesgar»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- «Si ya no hay voluntarios los sábados, al final, se cubrirán de forma forzosa»
- Aquellos añorados bares de Vigo
- Suspendido todo el fútbol, baloncesto y balonmano del domingo en Galicia por la alerta naranja