Todo listo para coñecer esta tarde ás gañadoras dos «III Premios Emilia Pardo Bazán»
A gala celebrarase esta tarde na sede de Afundación, con entrada e pincho, a partir das seis e media
María Bueno
Todo listo en Vigo para a celebración da gran gala da terceira edición dos «Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías», organizados por Faro de Vigo xunto a Deputación de Pontevedra. O acto será esta tarde de xoves a partir das 18.30 horas (entrada libre e pincho) na Sede de Afundación e desde fai semanas xa se coñecen todos os detalles, agás os nomes dos gañadores. Hoxe vivirase unha celebración na que, un ano máis, porase en valor a tripla bandeira de Emilia Pardo Bazán como icona do feminismo, precursora do turismo nas Rías Baixas e valor universal das Artes e as Letras.
Tanto Faro de Vigo como a Deputación de Pontevedra queren agradecer aos lectores do xornal a súa implicación á hora de presentar as súas candidaturas ao certame, onde finalmente e tras a reunión do xurado, resultaron finalistas as Rutas turísticas das asociacións de mariscadoras da Ría e Rosana Canda Lino, directora do Hotel Talaso Atlántico e delegada nas las Rías Baixas da Asociación Española de Directores de Hoteis, na categoría de Turismo; e o Sindicato de Traballadoras do Fogar e os Coidados (Sintrahocu) e o Celta Baloncesto Feminino, para a categoría de feminismo.
Ledicia Costas, gañadora na categoría de cultura «Por ser referencia no uso do galego e a loita pola igualdade e por enganchar a tantos nenos e nenas á lectura cos seus libros»
Mención especial merece o acontecido na categoría de Cultura, onde por primeira vez na historia do concurso a escritora Ledicia Costas resultou gañadora por unanimidade, sendo a candidata proposta polo xornal, pola Deputación e por todos os membros externos do xurado.
«Por ser referencia na súa loita polo uso do galego máis alá de Galicia, pola súa loita pola igualdade e contra a violencia de xénero en cada unha das súas personaxes e por ser un dos motivos principais polos que tantos nenos e nenas se enganchan ao hábito da lectura a través dos seus libros. En ningún momento se puxo outro nome sobre a mesa», explican desde o xurado do certame.
Sen lugar a dúbidas unha das nosas escritoras máis ilustres e queridas e multiplemente recoñecida dentro e fóra das nosas fronteiras, Ledicia Costas marca deste xeito un fito na historia dos premios e recollerá o seu galardón, outorgado por unanimidade.
Os III premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías entregaranse o día 26 na sede de Afundación
Unha cita que, como xa comeza ser tradición, estará conducida pola actriz Carmen Facorro no papel de Emilia Pardo Bazán e que se consolida ano a ano para mostrar esa Galicia aliñada tras o feminismo, a cultura e o turismo sostible, ademais de contribuír a que a figura de Emilia Pardo Bazán sexa percibida pola sociedade en todo o seu potencial, divulgando os seus valores nos nosos territorios.
Nesta ocasión, o xurado estivo composto por: Begoña Fernández Lorenzo, xestora cultural da Deputación de Pontevedra; Arantxa Amatriaín Urchaga, da Editorial Elvira; Raquel Touriño Casal, presidenta da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO); Mar Rodríguez Meseguer, presidenta da Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra (AVIPO) e Vanessa Ucha Fernández, responsable de eventos do Gran Talaso Hotel Sanxenxo; ademais de Irene Bascoy e Alba Chao, subdirectora e xefa de Área Dixital de Faro de Vigo, respectivamente.
- No era Carlo Costanzia: el miembro de la familia Campos que podría fichar por 'Supervivientes 2025
- Retiran la incapacidad absoluta a un operario del Náutico de Vigo con mieloma: «Puede trabajar en ambientes sin contaminación»
- Portugal lanza una alerta por lluvia, viento e inundaciones que llega a Galicia
- Quitan la indemnización a una mujer que se cayó al salir de un céntrico hotel de Vigo
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Cierra uno de los locales más míticos de Churruca
- Una pareja con un hijo que gane hasta 52.500 euros al año podrá acceder a una vivienda pública
- José Manuel Parada responde tajante al comunicado de Anabel Pantoja sobre su hija: «Como periodista pido respeto»