A indiferenza fronte ao auxe do populismo centra a nova peza de Vanesa Sotelo e Tito Asorey
Tito Asorey e Vanesa Sotelo, vencedores nos María Casares e finalistas aos Max, elixen a cidade olívica para arrancar a súa nova xira | As actuacións, sábado e domingo na Sala Ártika

Alba Villar

Vanesa Sotelo e Tito Asorey regresan ás táboas con nova peza poucos meses despois de seren finalistas aos Max por «Unha inimiga do pobo» e de arrasar coa devandita obra nos María Casares (sete galardóns). Vigo é a cidade da estrea da nova produción, «Non pasarán», que poñen en escena coa compañía da sala Ártika. No seu espazo de Beiramar, o público acompañará unha reflexión sobre o auxe dos populismos de extrema dereita e a indiferenza de moitos sectores da poboación.
Dende o espazo onde se estreará a obra, falaba onte pola mañá Tito Asorey. «Dende Ártika, plantexáronnos facer unha colaboración e empezamos a pensar no tema. Interesábanos falar de algo que está a acontecer no mundo. Viamos con preocupación e asombro a reaparición de pensamentos zombies que criamos desaparecidos», sinala o director teatral.
Tito Asorey –quen se encargou da adaptación teatral de «Fariña» con acerto e éxito de público e que desenvolveu o papel na serie do avogado Pedro Ventura– sinala que o ideario de extrema dereita está a revivir achegado «ás teorías fascistas, ao egoísmo absoluto, o individualismo feroz e o desprezo polo estado ademais do ataque ao feminismo e ao colectivo».
O ascenso de Trump, Miley, Le Pen e o que está a acontecer en Italia ou España con Vox ou Alvise vén acompañado do apoio da xente máis nova. «Agora, parece que os antisistema na xuventude son os de extrema dereita. Como non iamos reflexionar sobre todo isto?», cuestiona Asorey.

Ártika levanta su telón antiultras / Alba Villar
A dramaturxia para vehiculizar estas ponderacións desenvolveuna con Vanesa Sotelo (premiada cun María Casares ao mellor texto con «Microspectivas dun marica millennial»). A autora canguesa mergullouse nas lecturas do século pasado ata dar cun texto do autor suízo Max Frisch, «O señor Biederman e os incendiarios».
A primeira vez que esta obra se presentou en España foi no 1965 no María Guerrero con versión de Josefina Sánchez e dirección de Luis Balaguer.
A peza que se verá na Ártika mañá e o domingo a partir das 20.00 horas «fala dunha cidade na que uns incendiarios queiman as casas da xente. Estes individuos preséntanse como persoas que ofrecen un servizo de seguridade e acaban instalados nas vivendas para acabar queimalas. Un habitante coñece o que acontece pero malia iso déixaos pasar. É unha paradoxa da tolerancia. Sendo tolerantes cos intolerantes acaba vencendo a intolerancia. El, pola súa educación, é incapaz de non deixalos pasar. A través desa metáfora, fixemos un texto novo onde presentamos a historia de Cándido», o patriarca da familia.
No resto dos personaxes, atopamos a Ana, a súa filla e que reflicte a xuventude. «Con ela, reflexionamos sobre as redes sociais e o poder educativo destas. Hai tendencia a deixar os fillos nas mans do algoritmo. O Instagram está cheo de mensaxes que nos cosifican ao dicirnos que se somos pobres é porque queremos ao tempo que nos inculcan un individualismo exacerbado. A mocidade está á mercede do discurso das redes», apunta Tito Asorey.
Tamén encontramos os incendiarios e a intelixencia artificial Alexa. Esta «funciona como un personaxe máis (na voz de Melania Cruz) na casa intelixente contemporánea», indica o director.
Para a escenografía, a compañía pensou en Carlos Alonso para reflectir o fogar e o xardín que dá a ilusión de estar seguro cando realmente non o está. Súmase tamén o traballo na iluminación de Laura Iturralde, mentres que no elenco atopamos a Martín Maez, Rocío Salgado, Marcos Alonso e Fernanda Barrio.
Respecto á colaboración con Ártika, sinala Asorey que «esta xente fai un traballazo con esta sala estupenda. Oxalá en todas as cidades puideramos ter unha sala así; sería un síntoma de que o teatro galego ten boa saúde. É incrible; é unha das mellores salas de teatro privado que temos en España. Ter a oportunidade de traballar con eles é unha marabilla».
Suscríbete para seguir leyendo
- Alberto Carral, oncólogo gallego: «Hay un aumento de cáncer de colon en personas más jóvenes por los hábitos de vida»
- El pediatra Carlos González, molesto con la obsesión de muchos padres: «Qué más da...»
- Esta es la ciudad española que «no merece la pena» según los turistas
- Ryanair estrena una ruta a Marruecos con una ocupación del 9% después de cerrar doce en España por las tasas de Aena
- Tensión a bordo de un vuelo de Iberia parado más de tres horas en la pista del aeropuerto de Santiago
- Rescatada la conductora de un bus que quedó colgando sobre el Lagares
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»
- El último alijo del puerto de Vigo: 150 kilos de cocaína en el casco de un mercante