Lívia&Fred, os brasileños que cantan a Martin Codax chegan a Vigo
O Museo do Mar de Vigo acolle o concerto do dúo Lívia Nestrovski & Fred Ferreira | Entrada, gratis
Escoitar o dúo brasileño Lívia & Fred nas súas actuacións e vídeos no YouTube supón un paseo por diferentes sonoridades onde o traballo vocal resalta. Boa proba é «Noite cheia de estrelas/ Ária Cantilena», a cabalo de Cândido das Neves e VillaLobos; ou a súa interpretación da «Cantiga IV» de Martin Codax. Mañá venres o Museo do Mar na cidade do poeta medieval abrazará a música destes artistas co seu proxecto «Nuvem rósea, chao de estrelas».
A partir das sete da tarde, se poderá gozar coa súa música. A entrada é de balde ata completar aforo. O grupo chega a Vigo cunha longa traxectoria, uns 15 anos de colaboración, con concertos por diferentes continentes.
No seu currículo tamén atesouran premios como o primeiro posto no Gwangju Busking World Cup de Corea do Sur; ou o galardón a Lívia como mellor cantante no Premio Profissionais da Música.
As súas melodías foron convidadas para actuar na Ópera de Damasco en Siria no 2017. Alí se converteron nos primeiros artistas portugueses en actuar naquel palco.
Destacada foi tamén a súa colaboración –que tamén se pode ver no YouTube– coa Orquestra Brasil Jazz Sinfónica.
Alén das liñas máis melódicas, Lívia & Fred tamén gustan da experimentación do jazz máis vangardista. Demostrárono na 21 Edición Encontros Internacionais de Jazz de Coimba este ano.
A crítica destaca a calidade da súa interpretación asís como as «performances arrebatadoras».
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Muere abrasado por las llamas en el interior su vehículo en Redondela
- Una prórroga al sistema y a Televisión Española
- Vuelve a cambiar el precio de la bombona: esto es lo que costará a partir del martes
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase