Despedida en Vigo ao escritor e xornalista Manuel Vidal Villaverde

Despedida en Vigo ao escritor e xornalista Manuel Vidal Villaverde | PABLO H. GAMARRA

Despedida en Vigo ao escritor e xornalista Manuel Vidal Villaverde | PABLO H. GAMARRA

O poeta e xornalista vigués Manuel Vidal Villaverde, que faleceu o sábado na súa cidade natal aos 78 anos de idade, foi enterrado onte no Cemiterio de Pereiró. Antes, os seus achegados acudiron ao Tanatorio Candeán –na imaxe– para trasladarlle o pésame á súa familia. Como membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Vidal Villaverde participou en numerosos actos, como nos Encontros Galeusca. Esta organización manifestou o seu profundo pesar polo pasamento do escritor.

Tracking Pixel Contents