O Festival de San Sebastián elixe dous filmes galegos entre as mellores do ano en España
Trátase de "As Neves", da viguesa Sonia Méndez, e de "Justicia artificial", do coruñés Simón Casal | Forman parte da sección non competitiva Made in Spain, con 21 longametraxes

Fotograma de la película ‘As Neves’ / CEDIDA / Cósmica

O thriller "As Neves", da directora viguesa Sonia Méndez e a longametraxe "Justicia artificial", do coruñés Simón Casal, veñen de ser seleccionadas polo Festival de Cine de San Sebastián para a sección Made in Spain, composta polos 21 mellores filmes do ano segundo a cita cultural.
Trátase dunha sección non competitiva que consiste en proxectar as películas no festival que este ano cumpre a edición número 72 e que se desenvolverá do 20 ao 28 de setembro en Donosti.

Photocall de "As Neves", coa directora Sonia Méndez. / Germán B.
No caso de "As Neves", este thriller enfocado dende a visión duns adolescentes nunha vila de montaña galega amosa como reaccionan ante a desaparición dunha das mozas do grupo de amigos. Foi estreado no pasado Festival de Málaga.
Non é doado estar aí e estamos moi contentas"
A súa directora, Sonia Méndez, explicou a FARO que estaba "moi contenta" pola selección para San Sebastián porque "esta recolle as mellores películas españolas do ano. Non é doado entrar aí e estamos moi contentas. É un peche formidable".
Pronto, "As Neves", no catálogo de HBO
En canto ao percorrido da película, sinalou que aínda están cos traballos para a distribución internacional polo que non poden concretar en que países se poderá ver nos vindeiros meses. No Estado español, confían "asomar a cabeza" nos premios e ademais se integrará no catálogo da plataforma HBO Max. "Mantívose sete semanas en salas de cinema, o que é moitísimo para un filme en galego", resaltou a realizadora.
Estrea de "Justicia universal" o 13 de setembro
Pola súa parte, "Justicia artificial" vai ser estreada o vindeiro 13 de setembro nas salas comerciais españolas protagonizada por Tamar Novas e Verónica Echegui inda que tamén conta coa presenza de Alba Galocha. O filme fíxase nun referéndum á cidadanía sobre se quere a implantación dun sistema de intelixencia artificial que sustitúa as xuízas e xuíces do país.
As outras películas do ano en España
Ademais destas dúas películas, a sección Made in Spain inclúe como o mellor do cinema español deste ano "Tiempo de silencio y destrucción", de Joan López Lloret; "Mucha mierda", de Alba Sotorra; "La abadesa", de Antonio Chavarrías; "Norberto", de Sonia Escolano y Belén López; "Reír, cantar, tal vez llorar", de marc Ferrer; "Nina", de Andrea jaurrieta; "Segundo premio", de Isaki Lacuesta y Pol Rodríguez.
Completan a selección. "La casa", de Alex Montoya; "Sueños y pan", de Luis Soto Muñoz; "Una casa en llamas", de Dani de la Orden; "Flores del cemento", "Orgullo vieja", "Dragonkeeper", "Saturno", "Rock Bottom", "El hombre bueno" y "Volveréis"
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
- Comerciantes y hosteleros empiezan a pagar cuotas voluntarias de 50 euros para el contencioso contra la subida de la basura
- El baile de sillas en la Xunta se atasca: más de 2.100 empleados deben tomar posesión pero hay déficit de plazas para los grupos A1 y A2
- Lista abierta para el adiós en Balaídos
- La CIG mantiene las movilizaciones en Vigo pese al preacuerdo en el metal: éstas son las calles afectadas por la manifestación del martes 19
- «Hemos formado gente, pero faltan empresarios dispuestos a contratar personal»
- El Gobierno cederá capacidad pesquera a los jóvenes que quieran dar de alta un barco para emprender en el mar
- CC OO y UGT ratifican el preacuerdo del metal de Pontevedra en sus asambleas