Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Unha madrileña quéixase por non entender o galego na casa de Rosalía de Castro: "Es una falta de respeto"

O artista James Rhodes, amante da terra galega, expuxo en redes sociais o comentario dunha turista nunha coñecida plataforma de valoracións

James Rhodes y su idilio con Galicia: "Igual en otra vida fui gallego"

Á esquerda, a Casa Museo Rosalía de Castro, nunha imaxe de arquivo. Á dereita, o comentario da veciña madrileña.

Á esquerda, a Casa Museo Rosalía de Castro, nunha imaxe de arquivo. Á dereita, o comentario da veciña madrileña. / Cedida

"¿Alguien dijo 'fodechinchos'? Y por dos euros". Desta maneira, o artista James Rhodes, amante confeso de Galicia, deulle eco a unha queixa dunha turista madrileña que acudiu á Casa Museo Rosalía de Castro e se queixou por non estar as informacións tamén en castelán. "Me parece genial que los textos estén en gallego, pero, ya que todos pagamos lo mismo, es una falta de respeto que no se hayan traducido", comentou nunha coñecida plataforma de valoracións.

Coa chegada do verán, milleiros de madrileños escollen Galicia para gozar das súas vacacións. Nos últimos anos, son tantos que até os veciños de diversas zonas do Morrazo xa están sufrindo unha masificación que mingua a súa calidade de vida. É por iso que xa saíron ás rúas para protestar. Neste estío, tamén se fixo famoso o bar de Oleiros que pechou por estar farto dos 'fodechinchos', que son precisamente eses visitantes procedentes da capital cun comportamento desaxeitado. Outro dos sucesos habituais protagonizados por estes turistas na nosa terra acontece cando estacionan perto de zonas con risco de subida da marea e os seus vehículos acaban flotando na auga.

Desta vez, foi un comentario de María, como así se fai chamar, sobre a súa experiencia tras asistir á Casa Museo Rosalía de Castro, situada en Padrón (A Coruña). Esta madrileña criticou que, en pleno berce da lingua galega, non transcribisen ao castelán os diferentes textos. "Es una falta de respeto que no se hayan traducido y que el resto de los españoles solo podemos recorrer sus salas y ver la cama donde murió", espetou.

"Pensé en reclamar la devolución de la entrada, pero iba con mi hija y me hizo desistir", finalizó.

Tras expor Rhodes recentemente no seu Instagram unha captura das palabras de María -que foron no ano 2017-, unha manchea de persoas reaccionaron, principalmente para criticar a actitude da muller. "Soy de Canarias, no hablo ni papa de gallego, y he entendido perfectamente todos los comentarios escritos aquí en esa lengua... A lo mejor es que soy superdotada o algo y no lo sabía", escribiu outra usuaria. Unha última respondeu, cunha dose de humor: "Yo soy murciana y estuve ahí en abril, lo entendí todo, ellos a mí... ya no lo sé".

Tracking Pixel Contents