Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cantigas medievais e tradicionais resoan na Catedral de Tui na honra de John Trend

Pedro Lamas, Germán Díaz e Romero lembran o autor británico que asinou a primeira publicación sobre a música galega alén das nosas fronteiras

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

mar m.

Vigo

O Claustro da Catedral de Tui acolle hoxe martes a partir das nove da noite a estrea do espectáculo “The music of Galicia (1924): o papel de J.B. Trend”. Será un concerto de música medieval, tradicional e mesmo jazz a cargo dos músicos Pedro Lamas, Germán Díaz e Romero Cienfuegos. Trátase dunha homenaxe ao hispanista británico John B. Trend que hai un século publicaba un estudo histórico sobre a música medieval e tradicional galega para a Universidade de Oxford.

O artigo, “The Music of Spanish Galicia”, apareceu na revista “Music & Letters” da universidade británica. Lamas recibiu o encargo de preparar un concerto ao redor del para o festival Música no Claustro.

No directo, o público escoitará un repertorio heteroxéneo que incluirá unha cantiga de amigo de Martin Codax, outra de Santa María de Alfonso X, romances de cego, muiñeiras recollidas no século XIX por Sampedro e algún tema relixioso da época visigoda, entre outros.

Destaca Pedro Lamas que o artigo de John B. Trend “non é demasiado coñecido. O intelectual Xoán Vicente Viqueira encargouse da tradución ao castelán en 1925 pero non foi demasiado difundido. Eu non tiña constancia del. Presentoume Samuel Diz, director do festival. É importante porque é unha primeira publicación da historia da música de Galicia alén das nosas fronteiras feita por un intelectual destacado. É unha visión desprexuizada da música galega. El estaba do lado da República polo que, cando comezou a ditadura franquista, o seu traballo foi olvidado”.

A formación para o directo de hoxe está integrada por Germán Díaz que tocará a zanfoña, mentres que Antonio Romero interpretará o contrabaixo. Lamas encargarase da gaita e o saxo soprano.

O seu desexo é que este espectáculo, encargo de Samuel Diz, froito “dun gran esforzo, non quedase no soño dunha noite de verán. Apeteceriame involucrar os compañeiros para facer unha gravación e máis representacións no futuro”. A entrega de hoxe é gratuita ata completar aforo.

Tracking Pixel Contents