Adrián Pérez Bote gaña o Premio Illa Nova de Narrativa con “Baixo o ceo de xeo”
O xurado sinala a orixinalidade da obra, que contén diferentes xéneros

Adrián Pérez Bote. | // FDV
Redacción
Adrián Pérez Bote é o gañador do VIII Premio Illa Nova de Narrativa pola súa novela “Baixo o ceo de xeo”. O xurado do certamen, que convoca cada ano a editorial Galaxia coa colaboración do Ámbito Cultural El Corte Inglés para escritores menores de 35 anos, elixiu esta obra por unanimidade pola súa orixinalidade.
Deste xeito, o xurado destacou que “Baixo o ceo de xeo” é unha novela “moi orixinal ao facerse cargo de toda unha tradición de xéneros que explicita e que se resolve na construción dunha trama que crea un universo propio”. “A obra participa dunha corrente xeracional de narración, xoga con moitas referencias lectoras, ao tempo que conxuga a fantasía e a ciencia ficción con mestría. Segundo o xurado, o autor emprega a complexización dos subxéneros para se interrogar a construción de mundos ficcionais dunha maneira moi suxestiva”, engadiron.
Ritmo áxil
Adrián Pérez Bote desenvolve unha escrita moi expresiva, estilísticamente moi visual e con descricións orixinais que non lle restan ao ritmo áxil que domina dende o comezo da novela. Unha narrativa madura que desenvolve un argumentario intelixente arredor de temas diversos como a empatía cara a outras sociedades oprimidas, o anticolonialismo ou a crítica social. A antropoloxía está moi presente na obra, con investigacións, reflexións e datos que enriquecen fondamente a lectura. Unha análise sociolóxica que avanza a carón dos dous personaxes principais que se constrúen con profundidade, ben caracterizados e que, novamente, mostran o dominio do autor na construción desta magnífica novela.
O xurado estivo composto por Iago Fernández, Miriam Ferradáns, Karla González Miravete, Iria Morgade e Pablo J. Rañales; con Malores Villanueva como secretaria do xurado, en representación de Galaxia.
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- El Sepe prevé que Galicia sea una de las comunidades que más empleo cree hasta 2028, cuando el país alcanzará 23,4 millones de cotizantes
- Ya en vigor: hasta 3 años de excedencia por cuidado de hijos en Galicia
- El Nicolás Peña, el centro de salud joven y pequeño que cierra sus puertas para integrarse en el que será el mayor de Galicia